Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A aplicación EucaTool, na nube e para todo tipo de dispositivos
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A aplicación EucaTool, na nube e para todo tipo de dispositivos

Redacción
Publicado: 23/02/2016
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

eucatool.jpgA ferramenta EucaTool é unha aplicación de balde que está aloxada na nube e que inclúe entre as súas funcionalidades amosar os modelos de medre e produción de plantación de eucaliptos. Ou sexa, que ten potencial para estimar a produción de plantacións en Galicia e a cornixa cantábrica. A ferramenta vén da man do enxeñeiro de Montes Juan Daniel García Villabrille, investigador asturiano ligado arestora á Escola Politécnica Superior de Lugo. Na aplicación amósanse todos os parámetros e os resultados recollidos na tese de doutoramento Modelización do crecemento e a produción de plantacións de Eucalyptus globulus Labill. No Noroeste de España, que presentou o ano pasado Juan Daniel na EPS do Campus de Lugo.
O traballo foi dirixido polos profesores da USC Alberto Rojo e Ulises Diéguez, así como polo tamén investigador na EPS Felipe Crecente. A tese presenta un modelo de crecemento e produción para rodais da especie destinados principalmente á produción de celulosa. Na aplicación resultante tamén colaborou a empresa VSonCloud.
Segundo reflicte dende a súa web a Plataforma SINC, EucaTool ofrece a posibilidade de calcular de maneira “moi sinxela” o volume e a biomasa destas plantacións. En palabras do profesor Alberto Rojo, un dos co-autores do traballo, a aplicación “vai dirixida fundamentalmente a propietarios, empresas e xestores forestais de Galicia e a cornixa cantábrica, que a poderán utilizar para, por exemplo, vender mellor a madeira sabendo o volume que teñen e o momento óptimo da curta”. Tamén, sinala Rojo, ten un gran potencial para investigadores, profesores e estudantes, que a poderán usar en actividades científicas e docentes.
eucatool_captura.jpg O enxeñeiro explica que a ferramenta “integra e aplica un modelo dinámico de crecemento e produción elaborado a partir de medicións dunha rede de 128 parcelas repartidas por toda a área de distribución da especie en Galicia, así como da análise de 87 árbores tipo cortados, tallados e medidos”. Este modelo foi desenvolvido polo enxeñeiro de montes Juan Daniel García-Villabrille. A aplicación está dispoñible para calquera dispositivo: computador, tableta ou smartphone. Foi programada en Visual Studio Web Express, tirando partido da tecnoloxía MVC, así como das linguaxes C# e XML, Razor, HTML, Javascript e CSS. O seu desenvolvemento foi realizado pola empresa VSonCloud, nova firma da USC creada por Rojo e outros integrantes do seu equipo de investigación da Unidade de Xestión Forestal Sustentable en 2014.
Entre os plans do equipo está organizar este ano xornadas de divulgación e de uso práctico da ferramenta para o cálculo do volume, biomasa, crecemento e produción das plantacións de Eucalyptus globulus en Galicia, dirixidas a técnicos forestais da administración galega e a propietarios particulares das zonas de distribución da especie.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026
Actualidade

Andrew Harmel-Law defende unha arquitectura de software máis colaborativa e menos xerárquica

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?