Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O CCG acolle unha xornada sobre como situar a identidade galega na Internet
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O CCG acolle unha xornada sobre como situar a identidade galega na Internet

Redacción
Publicado: 23/02/2016
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

desafios_cultura_galega.jpgEste 24 de febreiro o Consello da Cultura de Galicia (CCG) acolle unha xornada de debate sobre o pobo que queremos ser na Internet e que medidas poñemos pór en práctica para perdurar e afianzarnos como pobo con identidade propia na Sociedade da Información. A xornada Desafíos para a cultura galega no escenario interactivo da sociedade en rede é unha proposta coordinada por Xosé López, Francisco Campos e Manuel Gago, e contará coa presenza de expertos recoñecidos como Mario Tascón ou Rosa Franquet para falar de “novas dinámicas que inciden nos usos e consumos de produtos culturais”. Malia ser unha xornada de aforo completo, os relatorios pódense seguir en directo a través do web da institución. As sesións desenvolveranse na Biblioteca do CCG.
Segundo apuntan os organizadores do evento a conto dos seus obxectivos, sen dúbida que Galicia deu pasos para afianzar a súa cultura no plano dixital, na sociedade conectada, pero aínda fica pendente moito por facer, unha chea de desafíos que resolver, e máis se temos en conta o carácter dinámico e fortemente evolutivo e cambiante da Rede e os seus elementos. “Os novos tempos da segunda década do terceiro milenio demandan respostas renovadas para conquistar o futuro no ecosistema dixital”, sinalan, engadindo que “os actores socias teñen que entender ben as novas dinámicas de socialización que inciden nos usos e consumos de produtos culturais se queren que as súas iniciativas resulten sustentables e acaden os obxectivos propostos”. Polo tanto, inciden dende o CCG, un dos grandes retos ao que nos enfrontamos é adaptarnos non só ás tecnoloxías actuais da información, senón adiantarnos ás que virán. Ao seu xuízo, esta aposta decidida por estarmos nas TIC é polo tanto unha aposta de obriga. E engaden: “O emprego dos recursos dispoñibles convértese nunha necesidade de aproveitar todas as oportunidades para que as nosas manifestacións culturais interactúen e contribúan a xerar coñecemento”.
A actividade deste mércores forma parte do completo programa de eventos anuais do CCG dirixidos a reflexionar arredor da situación en que nos atopamos e que pasos podemos dar para conseguir que as iniciativas dos nosos actores culturais teñan maior incidencia social e consigan unha maior eficiencia.

Programa

Sesión da mañá
9:30 horas – Inauguración
10:00 horas – Tempo, Espazo e Comunicación cultural na sociedade dixital
JUAN ANTONIO GARCÍA GALINDO. Universidade de Málaga
11:00 horas – Medios e linguaxes para comunicarse eficazmente na internet das cousas
RAMÓN SALAVERRÍA. Universidade de Navarra
12:00 horas – Pausa
12:30 horas – Encontrar historias nas entrañas dos ficheiros dixitais. Oportunidades para comunicar cultura
CARLOS ELÍAS. Universidade Carlos III de Madrid
13:30 horas – Debate

Sesión da tarde
16:30 horas – Aprendendo a situar a identidade propia no novo escenario cultural da sociedade global
ROSA FRANQUET. Universitat Autònoma de Barcelona
17:30 horas – Creación de contidos, diversidade e identidade para estar no mundo con voz propia
MARIO TASCÓN. Experto en redes sociais e consultor
18:30 horas – Debate

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?