Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: En 2015 realizáronse 375.000 xestións telemáticas nas notarías galegas
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

En 2015 realizáronse 375.000 xestións telemáticas nas notarías galegas

Redacción
Publicado: 24/02/2016
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

notarios_tic.jpgO Consello Xeral do Notariado e o Colexio Notarial de Galicia veñen de achegar unha serie de datos relevantes sobre o nivel de uso de novas tecnoloxías no sector. Segundo fan saber, en 2015 realizáronse 375.000 xestións telemáticas en notarías galegas. Ademais, dende o ano 2007 incrementáronse nun 456% o número de xestións telemáticas realizadas no sector dentro da nosa terra. Nun plano máis detallado, en Galicia, ao longo do 2015, inscribíronse case 45.000 escrituras no Rexistro da Propiedade pola vía dixital.
Un dos principais beneficios disto, segundo informa María Isabel Louro, decana do Colexio Notarial de Galicia, reside en procesos como o da constitución de empresas, “que hai uns anos podían levar un cinco semanas e requirir dúas ou tres visitas á notaría, hoxe en día poden facerse en 24 horas”.
Este bo estado de saúde TIC é aplicable a todo o conxunto do Estado. De feito, explican fontes do Consello Xeral, “o notariado español é un dos colectivos profesionais que máis contribúe coa Administración electrónica e, de feito, conta coa meirande rede informática do Estado, unha rede que integra e conecta en tempo real as máis de 2.800 notarías españolas para poder facer as xestións a distancia, coa mesma seguridade e cun considerable aforro de tempo para os cidadáns”.
A intención, tanto no conxunto do territorio estatal como na xeografía galega, é ir máis. Por esta razón, puxéronse en marcha medidas de promoción das canles tecnolóxicas como por exemplo o reparto de 8.000 trípticos informativos repartidos por todo o territorio galego e informando aos cidadáns das distintas xestións telemáticas que poden facer no seu nome e os beneficios que supoñen para eles: desde o envío de copias electrónicas das escrituras aos rexistros para a súa inmediata inscrición, ata a constitución dunha empresa en liña en 24 horas, ou o pago de determinados impostos. Por exemplo, a copia autorizada electrónica notarial (en 2015 enviáronse case 5.500 en Galicia) permite que varios cidadáns asinen unha escritura pública de maneira simultánea desde distintos puntos da xeografía española, “o que supón aforro en tempo, desprazamentos e custos”. Polo tanto, este material editado e distribuído polo Consello Xeral do Notariado detalla como axuda a tecnoloxía nos procesos no que intervén un notario e en que vantaxes se traducen para o cidadán.
O Consello Xeral tamén informa que “no ano 2015 solicitáronse máis de 5.000 certificados online de últimas vontades desde notarías galegas”. Ademais requiríronse 5.000 certificados de seguros de vida dende as oficinas da nosa terra. En suma, ao longo do ano pasado, realizáronse 375.649 xestións de maneira telemática nas notarías galegas, o dobre que en 2010 (166.772) e catro veces máis que en 2007 (82.250). Segundo informan dende o Consello Xeral e o Colexio Notarial de Galicia, é de salientar “o gran número de xestións telemáticas que se realizan entre o notariado e diversos organismo da Administración”. Por exemplo, o número de envíos de copias electrónicas das escrituras a Concellos e Comunidades Autónomas en 2015 foi de case 25.000 en Galicia, e o número de fichas notariais, cos principais datos extraidos das escrituras de interese para as Administracións, superou a cifra de 180.000”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026
Actualidade

Andrew Harmel-Law defende unha arquitectura de software máis colaborativa e menos xerárquica

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?