Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O uso tutelado das novas tecnoloxías e a Rede mellora a aprendizaxe nos cativos
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O uso tutelado das novas tecnoloxías e a Rede mellora a aprendizaxe nos cativos

Redacción
Publicado: 24/02/2016
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

A psicóloga e investigadora María Martiña Eslava
A psicóloga e investigadora María Martiña Eslava
A psicóloga María Martiña Eslava vén de presentar no Campus de Ourense unha investigación pormenorizada sobre as cousas que condicionan a aprendizaxe preescolar. Como era de agardar, o estudo pon de manifesto a importancia da familia na primeira nenez, que é a influencia máis directa e importante no desenvolvemento das nenas e nenos, xunto cos primeiros pasos na escola. Porén, existen unha serie de factores que se afianzan cada vez máis e son factores que teñen que ver, de maneira directa, coas novas tecnoloxías da información. Máis en detalle, co acceso a Internet.
Na súa tese de doutoramento, a investigadora avaliou ao detalle as variables de carácter contextual familiar que interveñen e/ou condicionan o desenvolvemento e a aprendizaxe adquiridos polo alumnado de tres a seis anos, salientando o papel que xogan os estudos e nivel profesional dos proxenitores e o acceso a Internet. “A clave última é a creación de contornas estimulantes para o neno ou nena, espazos compartidos nos que poidan adquirir habilidades que logo lles levarán a adquirir máis habilidades”, sinala a investigadora, cuxo traballo foi dirixido por Manuel Deaño e Sonia Alfonso e presentado na Facultade de Ciencias da Educación do Campus de Ourense co título Contornas familiares e aprendizaxe preescolar.
O estudo, cuxa orixe está nunha arela de reducir os atrancos no ensino derivadas da desigualdade, parte do obxectivo de afondar nos factores de proximidade que causan impacto no desenvolvemento do neno durante os primeiros anos de vida, como son os relativos á contorna e características familiares. Isto materializouse en tres estudos empíricos realizados con máis de 400 nenos e nenas de tres a seis anos de diferentes puntos de Galicia. Eslava Nodar salienta ao fío dos resultados que “conforme ao esperado, as habilidades básicas para a aprendizaxe formal adquírense pola influencia conxunta das variables da experiencia obtida no curso e o nivel de estudos do pai e da nai”. Segundo engade, resulta fundamental para a aprendizaxe na nenez a creación de “contornas cognitivas estimulantes”, experiencias compartidas entre os nenos e nenas e os proxenitores, como o xogo, as conversas, a lectura compartida, actividades de lecer ou o uso de Internet e as novas tecnoloxías da información. “Estas formas son as que contribúen ao desenvolvemento das súas habilidades, como o desempeño verbal e a alfabetización”, explica, engadindo que o acceso a Internet é unha influencia “significativa” de cara as cualificacións escolares. “Ter acceso a Internet no fogar supón unha maior puntuación nas habilidades preescolares dos nenos e nenas, fronte aos que non dispoñen deste recurso na súa casa”, afirma.
A importancia do devandito resultado, indica a investigadora, está en que “subliña a existencia dunha fenda dixital para a escolaridade, dado que case a metade dos fogares non dispoñen deste acceso á Rede”. E engade: “Hoxe en día sabemos que Internet intervén no desenvolvemento da vida familiar, modificando hábitos e costumes dos membros que a compoñen, se ben fica pendente moito por coñecer sobre como afectan eses cambios ao desempeño académico dos fillos e/ou como utilizar a Rede para potenciar os logros educativos”. Na súa opinión, o uso de Internet e as TIC ten sido interpretado a estas idades como un lugar común de participación de pais e fillos, “uns recursos que permiten aos proxenitores desenvolver actividades estimulantes que potencian o desenvolvemento e a aprendizaxe dos menores, creando contornas nas que os nenos e nenas se senten implicados activamente e onde as tarefas que se levan a cabo teñen sentido para eles”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026
Actualidade

Andrew Harmel-Law defende unha arquitectura de software máis colaborativa e menos xerárquica

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?