Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Telefónica Open Future e Scytl impulsan tecnoloxías de comunicación segura entre cidadanía e goberno
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Telefónica Open Future e Scytl impulsan tecnoloxías de comunicación segura entre cidadanía e goberno

Redacción
Publicado: 24/02/2016
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

telefonica_scytl_presentacion.jpgTelefónica Open Future (aceleradora internacional de innovación aberta para desenvolver e captar o talento e emprendemento) e Scytl (empresa centrada nas solucións seguras de xestión electoral, voto por Internet e goberno electrónico) anunciaban hoxe a súa colaboración de cara ao lanzamento de OpenSeneca, unha nova plataforma dixital para achegar aos cidadáns e aos seus representantes electos unha canle segura para interactuar, debater e deliberar. A meta desta plataforma é a de mellorar a participación democrática e promover as consultas cidadás potenciando a transparencia no sector público.
Cómpre dicir que este acordo xorde ao abeiro do 4YFN do MWC, convertendo a OpenSeneca nunha nova entidade formada a partir dun spin-off da unidade de negocio de eDemocracia de Scytl que inclúe persoal, solucións, patentes, clientes, e socios. A nova compañía aspira a converterse nunha referencia neste nicho de mercado que se estima alcance un tamaño de 1Bn de euros nos vindeiros 5 anos. OpenSeneca faise realidade grazas a unha contribución de recursos de ambas as compañías por un importe de 35 millóns de euros que se irá completando conforme se vaia executando o plan de negocio.
Indo ao miolo de OpenSeneca, consiste nunha plataforma que combina un repositorio global de Open Data con ferramentas de interacción, agregación e explotación de datos. A plataforma de participación cidadá de OpenSeneca inclúe: un conxunto de ferramentas cloud para a participación, discusión, consulta e deliberación multidireccional. Tecnoloxía patentada de cifrado de datos e de inmutabilidade de rexistros que garante a privacidade do cidadán, a integridade do sistema e a súa análise pormenorizada. Unha base de datos aberta e anónima que proverá aos gobernos de información sobre o sentir da cidadanía e axudará na toma de decisión afíns a estes sentimentos. Esta información estará organizada verticalmente por comunidades e localizacións, e transversalmente por temas e contido.
telefonica_open_future_open_seneca.jpg“Na actualidade, a comunicación dos gobernos cos seus cidadáns limítase na maioría dos casos ao proceso electoral que acontece cada 4 anos; isto a día de hoxe non abonda para as novas xeracións de cidadáns que esixen que se lles escoite nas decisións que afectan ao seu día a día e piden ferramentas que lles permitan interactuar cos seus políticos”, afirmaba Ana Segurado, directora global de Telefónica Open Future.
Pablo Sarrias, actualmente vicepresidente senior de Desenvolvemento Corporativo de Scytl e director executivo da nova compañía engadía que “a través do proxecto, tanto representantes políticos como cidadáns e organizacións de todo o mundo terán unha contorna segura para interactuar e participar nos asuntos do seu interese”.
OpenSeneca conta cunha carteira de máis de 30 patentes internacionais na área de seguridade en procesos democráticos e participativos. Unha versión limitada da plataforma sairá ao mercado na primavera de 2016 e estará dispoñible de balde para cidadáns, organismos e organizacións.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026
Actualidade

Andrew Harmel-Law defende unha arquitectura de software máis colaborativa e menos xerárquica

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?