Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O CPEIG amosa o seu apoio á iniciativa Provincia Intelixente da Deputación de Ourense
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O CPEIG amosa o seu apoio á iniciativa Provincia Intelixente da Deputación de Ourense

Redacción
Publicado: 25/02/2016
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

cpeig_depo.jpgO Colexio Profesional de Enxeñería en Informática de Galicia (CPEIG) apoia a iniciativa de Provincia Intelixente que promove a Deputación de Ourense, que ten como obxectivo desenvolver servizos e proxectos innovadores na administración pública aplicados ás xestións dos concellos e dos cidadáns, para facilitarlles os trámites e achegarlles solucións innovadoras ás súas necesidades. Así o expresou o pasado día 25 de febreiro Fernando Suárez, presidente do CPEIG, na reunión que mantivo no Pazo Provincial con Manuel Baltar, na que ambas as dúas institucións asinaron un convenio de colaboración en materia de innovación tecnolóxica.
Fernando Suárez afirmou que co concepto de Provincia intelixente “ábrese un amplo campo de posibilidades no ámbito da innovación dos servizos aos cidadáns, tanto no que atinxe a sensibilización tecnolóxica, formación, investigación e información”, e agradeceu a iniciativa do presidente Baltar destacando que a provincia de Ourense “está a liderar iniciativas de servizos tecnolóxicos co fin de facilitar trámites para os cidadáns, sexa cal sexa o lugar onde residan”.
Precisamente, o acordo asinado ten por obxecto colaborar e desenvolver conxuntamente entre Deputación de Ourense e CPEIG en actividades tecnolóxicas formativas, divulgadoras e investigadoras “para favorecer a transferencia de experiencias e coñecemento a prol da modernización dos servizos, compartindo coñecementos en materias como a innovación, a tecnoloxía e a administración electrónica, algo clave na sociedade actual na que vivimos, na que a distancia para realizar calquera xestión administrativa ten que ser a que separa a man do peto, onde temos o noso dispositivo electrónico”, afirma Manuel Baltar, quen considera que unha Administración “ou é electrónica ou non o é”.
O convenio de colaboración contempla tamén sensibilizar ás empresas dos beneficios que lles pode achegar a aplicación da investigación tecnolóxica ao seu proceso de produción, axudando a facela máis competitiva; e favorecer a información sobre servizos intelixentes administrativos, cara ao seu coñecemento pola cidadanía.
Ademais, Deputación de Ourense e CPEIG desenvolverán contidos formativos sobre produtos, servizos e aplicacións intelixentes para o sector empresarial, ás administracións locais e os cidadáns, e promoverán actividades investigadoras fomentando a colaboración coa universidade nos eidos da Informática e as Telecomunicacións.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026
Actualidade

Andrew Harmel-Law defende unha arquitectura de software máis colaborativa e menos xerárquica

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?