Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Lei de Impulso e Ordenación das Infraestruturas de Telecomunicación de Galicia avanza no seu desenvolvemento
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Lei de Impulso e Ordenación das Infraestruturas de Telecomunicación de Galicia avanza no seu desenvolvemento

Redacción
Publicado: 26/02/2016
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

Tras o recurso presentado polo Estado a 21 artigos da lei autonómica de impulso e ordenación das infraestruturas de teelcomunicación de Galicia o Tribunal Constitucional valida 12 dos artigos recorridos e matiza o alcance doutros nove sen anular ningunha disposición por completo, o que permite continuar a desenvolver a práctica totalidade do contido da Lei 3/2013 e cumprir co seu obxectivo de asegurar a extensión de redes de telecomunicacións en base a un despregamento ordenado, áxil e eficiente, e así superar as deficiencias históricas que ten Galicia en materia de telecomunicacións.
A Lei xa desenvolveu dous decretos, o aprobado en novembro de 2014 que garante a inclusión de canalizacións para as telecomunicacións en todos os proxectos de estradas impulsados polo sector público autonómico e o aprobado o pasado mes de xaneiro que garantirá que os edificios públicos autonómicos estean dotados para prestar os servizos dixitais do futuro. Os requirimentos técnicos que deberán cumprir os edificios serán concretados na Guía de especificacións dos sistemas de telecomunicacións que se publicará antes do verán.
O seguinte desenvolvemento normativo será o decreto que garantirá que todas as vivendas de nova construción conten coas infraestruturas necesarias para poder acceder aos servizos do fogar dixital. Está previsto iniciar a súa tramitación neste semestre e que se aprobe ao remate do ano.
Con esta Lei obrigarase á inclusión das infraestruturas de telecomunicacións nos planeamentos urbanísticos, convertendo aos servizos de telecomunicacións nun servizo máis para todos os galegos, ao igual que o son a auga ou a luz. Asegurará que toda vivenda que se constrúa contará coas infraestruturas mínimas para a incorporación dos servizos do Fogar Dixital, e que todo edificio público que se proxecte contará coas infraestruturas necesarias para garantir o aproveitamento das TIC para a prestación de servizos públicos.
Obrigará a que todas as novas estradas e vías de alta capacidade autonómicas incorporen as canalizacións precisas para instalar redes de telecomunicacións, evitando o gasto que suporía a implantación una vez rematada a obra e que se usarán para interconectar Galicia a redes de moi alta capacidade, favorecendo así á vertebración territorial.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026
Actualidade

Andrew Harmel-Law defende unha arquitectura de software máis colaborativa e menos xerárquica

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?