Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A UVigo e Viewnext impulsan en Ourense unha iniciativa conxunta a prol do talento tecnolóxico
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A UVigo e Viewnext impulsan en Ourense unha iniciativa conxunta a prol do talento tecnolóxico

Redacción
Publicado: 26/02/2016
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

sinatura_catedra.jpgA Escola Superior de Enxeñaría Informática de Ourense (UVigo) acolleu onte a sinatura do convenio (UVigo-Viewnext) para a creación da Cátedra Viewnext, unha iniciativa para fomentar o talento tecnolóxico e o compromiso da comunidade de estudantes e investigadores “co fin de contribuír a crear unha sociedade mellor”. Máis polo miúdo, preténdese con esta cátedra establecer máis e mellores pontes co tecido empresarial en materia de subministro de talento ao tempo que se optimizan as opcións das licenciadas e licenciados no mercado laboral. A maiores, buscarase xerar máis traballo colaborativo nos ámbitos da investigación e a formación. Na presentación da cátedra participaron o reitor Salustiano Mato e máis José Manuel Brandeiro, director xeral de Viewnext, única entidade de servizos de xestión e desenvolvemento de aplicacións do grupo IBM en España, que conta con máis de 4.100 profesionais e oito centros de innovación.
uvigo_ourense_viewnext_catedra.jpgSegundo explicou o director xeral de Viewnext, esta naceu da integración da área de Application Management Services de IBM Global Services en INSA. A empresa conta en Ourense (dende 2008) cun Centro de Innovación Tecnolóxica (CENIT), dirixido por Alberto Diz, presente tamén no acto de sinatura xunto a Virxilio Rodríguez, vicerreitor do Campus de Ourense, e Ana Garriga, directora da Escola Superior de Enxeñaría Informática. Brandeiro tamén fixo saber que o devandito centro ten arestora 150 empregados e dá servizos a entidades como La Caixa, Banco Popular e Inditex, tendo capacidade, engadiu, para medrar máis e chegar aos 220 traballadores. “Nada nos gustaría máis que enchelo”, recalcou o directivo, que por certo ten raizames na nosa terra. “Os centros de innovación como o existente en Ourense”, sinalou, “están altamente cualificados para producir para o mercado estatal e internacional software e produtos e servizos informáticos, converténdose en focos moi destacados de I+D+i nas zonas onde se emprazan e contribuíndo á retención de talento local”. Desde estes centros, lembrou, préstase servizos a máis de 400 clientes, empresas de diversos sectores entre as que están entidades financeiras (Grupo Santander, Barclays ou Banco Popular); compañías do sector das telecomunicacións (Vodafone, Telefónica ou Orange), eléctrico (Iberdrola) e distribución (El Corte Inglés, Carrefour ou Calidad Pascual) e as administracións públicas (Seguridad Social), entre outras.
Os principais obxectivos da Cátedra Viewnext será promover o desenvolvemento das competencias profesionais do alumnado universitario; mellorar a súa capacitación; ampliar ou actualizar os coñecementos, técnicas ou habilidades dos membros da comunidade universitaria e outros profesionais para adaptalos ás necesidades da empresa e fomentar a formación continua, a innovación e a investigación. Ao abeiro deste obxectivo xenérico, as actividades a desenvolver centraranse en cinco liñas de actuación. A primeira delas será a creación dun programa de captación de talento, cuxa finalidade será a incorporación á empresa de alumnado da Universidade de Vigo cun bo expediente académico, con capacidade de innovación e que acredite un bo nivel de inglés.
O convenio tamén abrangue a posta en marcha de actividades formativas que teñan por obxecto a capacitación, especialización e actualización de competencias de membros da comunidade universitaria e profesionais alleos á mesma atendendo ás necesidades competitivas da empresa. Tamén se impulsará un sistema de bolsas de prácticas por períodos máximos de seis meses para o alumnado ou titulados recentemente da Universidade de Vigo; a organización de congresos, xornadas, conferencias, seminarios ou foros e a promoción da publicación de estudos ou traballos científicos ou de divulgación nos ámbitos de estudos propios desta cátedra. Para a execución e seguimento do convenio constituirase unha comisión mixta de carácter paritario entre as dúas partes.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026
Actualidade

Andrew Harmel-Law defende unha arquitectura de software máis colaborativa e menos xerárquica

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?