Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Case un cento de cooperativas galegas participaron no programa iCoopera de afianzamento das TIC
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Case un cento de cooperativas galegas participaron no programa iCoopera de afianzamento das TIC

Redacción
Publicado: 26/02/2016
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

Higinio Mougán e Covadonga Toca
Higinio Mougán e Covadonga Toca
Esta semana amosáronse os resultados do programa iCoopera, que impulsou a Consellería de Economía e que deu comezo a finais de 2014 para achegar as cooperativas ás tecnoloxías da información e a proxectos de innovación. A cita contou coa presenza de medio cento de persoas e, tamén, coa presenza da secretaria xeral de Emprego, Covadonga Toca, tal e como informamos onte dende Código Cero. Segundo se fixo saber a maiores do que xa avanzamos, durante os 15 meses que durou o programa, 94 cooperativas participaron en iCoopera en diferentes modalidades.
Por unha banda, iCoopera daba a oportunidade ás entidades participantes para crear ou redeseñar de balde a súa imaxe corporativa. Pola outra, ofrecía a posibilidade de implantar ou redeseñar páxinas web e redes sociais, como medios para contactar co público potencial para os seus produtos e servizos.
A maiores, ao seu abeiro elaboráronse 44 estratexias de mercadotecnia en Internet eprestouse apoio ao desenvolvemento e implantación de aplicacións de xestión baseadas en software libre para sete cooperativas.
Na presentación, membros de dúas das entidades que se beneficiaron do programa contaron os resultados obtidos nas súas cooperativas. José Cuadrado, da cooperativa agroalimentaria Terras da Mariña, valorou “positivamente” a presenza activa en redes sociais e salientou que esta presenza foi decisiva para dar a coñecer os seus produtos e acadar clientes; Rosana Francisco, de Seisporoito, especializada na ensinanza musical, incidiu nas facilidades que supuxo contar cunha páxina web para a xestión de alumnos e a difusión de actividades entre o público xeral.
Covadonga Toca, secretaria xeral de Emprego, destacou que o programa iCoopera contribuíu a outras estratexias da Consellería de Economía, Emprego e Industria, coma o Plan Estratéxico para o Cooperativismo, que xa apuntaba á necesidade de impulsar “a investigación, o desenvolvemento tecnolóxico e a innovación para favorecer a creación de proxectos de cooperación e intercambio de experiencias e coñecementos entre axentes do Sistema Galego de Innovación”.
Co fin de amosar casos de éxito en aplicación de redes de intercooperación nos procesos de traballo e nos resultados das cooperativas, Marián Fernández presentou a experiencia do Cable Inglés na organización de eventos de carácter cultural, en conxunto coa cooperativa vitivinícola Martín Códax, e Celso Gándara, da consultoría e asesoría Algalia, afondou nas vantaxes obtidas da cooperación con diversas entidades para intercambiar coñecementos e perfeccionar os servizos ofrecidos aos seus clientes.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026
Actualidade

Andrew Harmel-Law defende unha arquitectura de software máis colaborativa e menos xerárquica

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?