Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O CESGA colabora nun proxecto europeo de axuda profesional para superviventes de cancro infantil
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O CESGA colabora nun proxecto europeo de axuda profesional para superviventes de cancro infantil

Redacción
Publicado: 26/02/2016
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

Entrada do CESGA en Santiago nunha imaxe de Johnander
Entrada do CESGA en Santiago nunha imaxe de Johnander
O pasado 15 de febreiro celebrábase o día mundial do cancro infantil e atendendo a esta data o Centro Tecnolóxico de Supercomputación de Galicia (CESGA), dende a súa área de e-learning e xunto aos socios europeos do proxecto Create Your Future, expoñía dous vídeos nos que mozos sobreviventes de cancro infantil lanzaban unha mensaxe de alento e folgos a outros sobreviventes de cancro infantil e a mozos que aínda están no proceso de tratamento da súa enfermidade. Informar que o proxecto europeo Create Your Future ten como meta o desenvolvemento dun programa integral de orientación profesional para os sobreviventes da dita doenza (15-25 anos) tendo en conta as necesidades especiais, tensións e limitacións do grupo afectado, sen esquecer o seu outro obxectivo fundamental que é o de dar voz a este grupo de mozas e mozos.
E volvendo á primeira mensaxe amosada polo CESGA, dicir que quer abranguer, a través das declaracións de varios sobreviventes, temas que van desde as dúbidas e temores que xorden durante os primeiros intres do diagnóstico e tratamento ata unha visión futura. O segundo vídeo vai encamiñado aos futuros empregadores, enviándolles unha mensaxe que chama a desmitificar algunhas das crenzas máis comúns así como subliñar o importante papel que estes mozos poden e deben xogar na empresa, dende a súa posición de sobreviventes.
Os vídeos están protagonizados por mozos que superaron a doenza tanto de España como Austria, e Bulgaria, e contaron coa colaboración das seguintes asociacións: España: Camiñantes-Aspanion (Comunidade Valenciana); Austria: Asociación de Mozas con Cancro; Bulgaria: Asociación nenos oncohematolóxicos.
create_future.jpgO proxecto baséase na experiencia adquirida en Austria pola Asociación de Mozas con Cancro austríaca e Die Berater e desenvólvese un programa de orientación profesional sustentable noutros 3 países europeos co fin de reducir o desemprego dos que superan un cancro infantil e de cumprir o obxectivo da Estratexia de Lisboa de “pleno emprego “.
Arestora o proxecto atópase en fase de elaboración do currículo de orientación profesional segundo un estudo realizado pola Universidade de Santiago de Compostela sobre as necesidades educativas dos mozos superviventes, e será posto en práctica a través dunha plataforma tecnolóxica desenvolvida polo CESGA, cuxa principal característica reside na interacción e o intercambio de información e coñecementos entre os seus usuarios. Dita plataforma en liña terá dous tipos de usuarios: os orientadores profesionais (que farán parte da súa formación a través desta plataforma) e os sobreviventes (que terán á súa disposición unha ferramenta onde poderán contactar con outros superviventes de diferentes países amais de poder expresar dúbidas, preguntas e inquietudes para que os orientadores poidan aconsellalos).
Os socios do proxecto son: CATRO (Coordinador. Bulgaria); Die Berater (Austria); KKH-Kinderkrebshilfe (Austria); CESGA (España); USC (España) e SEN/JA (Grecia). Para máis información sobre este proxecto cómpre visitar a web oficial de Create your Future, o Facebook de seu ou a canle de Youtube.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026
Actualidade

Andrew Harmel-Law defende unha arquitectura de software máis colaborativa e menos xerárquica

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?