Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A USC levou ao Mobile World Congress 2016 dúas spin-off
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A USC levou ao Mobile World Congress 2016 dúas spin-off

Redacción
Publicado: 29/02/2016
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

situm.jpg
Barcelona acollía a pasada semana, do 22 ao 25 de febreiro, unha nova edición do Mobile World Congress 2016, un dos encontros máis senlleiros da tecnoloxía a nivel internacional no que tamén houbo presenza galega. Máis polo miúdo, investigadores da Universidade de Santiago de Compostela (USC) representando a Rede de Centros Singulares de Investigación levaron á cita catalá as súas respectivas empresas: Situm Technologies e MD.Use Innovative Solutions. Estas dúas start-up, vían a luz ao abeiro do CiTIUS (Situm) e o CiQUS (MD.Use), sendo creadas por investigadores egresados destes centros, converténdose pouco despois en spin-off oficiais da USC.
Indo por partes, Situm Technologies acudía ao Mobile World Congress (MWC) de Barcelona coa nova versión da súa plataforma de localización en interiores, explicando os seus representantes as melloras da versión definitiva tanto en rendemento como en precisión, funcionalidade e experiencia de usuario. Logo de máis de oito anos de investigación avanzada, Situm achega aos seus clientes unha solución que non só proporciona a máxima precisión coa mínima infraestrutura, senón tamén unha ferramenta de mapeo de interiores máis rápida, con detección automática de planta en edificios de varios andares e control de calibración de calidade. O seu sistema consegue reducir a marxe de erro e o custo con respecto a outras tecnoloxías de posicionamento en interiores.
En canto a MD.Use Innovative Solutions, cómpre sinalar que era fundada en 2015 por un equipo liderado pola investigadora do CiQUS Rebeca García Fandiño e o físico da USC Ángel Piñeiro, xurdindo coa vontade de achegar ferramentas computacionais a usuarios non especializados, tentando minguar a separación entre o mundo experimental e o da computación. A empresa comercializa estudos computacionais de sistemas moleculares específicos e personalizables para optimizar os procesos industriais, co obxectivo de facilitar o deseño de novos materiais ou dispositivos baseados en técnicas a nivel molecular.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026
Actualidade

Andrew Harmel-Law defende unha arquitectura de software máis colaborativa e menos xerárquica

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?