Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: As mulleres constitúen o 35,1% dos traballadores do noso sector TIC
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

As mulleres constitúen o 35,1% dos traballadores do noso sector TIC

Redacción
Publicado: 29/02/2016
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

muller_traballando_computadora.jpgTemos nova investigación sobre o sector tecnolóxico-dixital galego visto dende a óptica laboral. Máis polo miúdo, visto dende a óptica das mulleres. A primeira e máis importante conclusión que se extrae do novo informe do Observatorio da Sociedade da Información (OSIMGA, dependente da axencia AMTEGA), o informe As mulleres no sector TIC (edición 2015), é que existe unha fenda de xénero que cómpre combater e cuxa existencia (un problema que vén de antigo e que atinxe a unha chea de sectores) choca de cheo co feito de que esteamos ante un sector, o das novas tecnoloxías, que é relativamente novo e que nas súas metodoloxías profesionais asume unha chea de conceptos de progreso e vangarda. En termos concretos, en 2015 as mulleres representaban o 35,1% do total dos traballadores no tecido TIC galego. Cifras moi semellantes ás de 2014.
Polo tanto, a fenda de xénero sitúase en 29,8 puntos porcentuais. Segundo se fai saber no informe, no sector contidos é onde se rexistra a menor fenda de xénero, cunha porcentaxe de traballadoras do 41,5% fronte ao 33,1% do sector TIC.
En termos evolutivos, a afiliación á Seguridade Social no tecido produtivo tecnolóxico-dixital incrementouse no último ano en 1.195 persoas (un 6,1%), aumento derivado exclusivamente do sector TIC, onde o número de afiliados incrementouse en 1.283 persoas (un 8,9%). Porén, detállase na investigación, “este significativo aumento do emprego do sector TIC non se traduciu nunha diminución da fenda de xénero, que se mantén en termos similares ao ano 2014”.
En canto ao emprendemento, hipersector rexistra un 27% de presenza feminina no réxime especial de autónomos do hipersector TIC (1,2 puntos porcentuais menos que no ano anterior). “Tanto no sector TIC como no sector contidos”, detállase na investigación, “a fenda de xénero é superior no ámbito dos emprendedores (autónomos/as) que no caso do réxime xeral”. Saliéntase que no sector contidos, a presenza de mulleres emprendedoras é 5,7 puntos porcentuais superior ás emprendedoras do sector TIC.
Como dixemos, o sector contidos é novamente o que rexistra unha maior paridade entre homes e mulleres, aínda que a balanza continúa a favor do xénero masculino. A porcentaxe de mulleres neste sector sitúase no 41,5%, incrementándose no último ano en 0,8 puntos porcentuais e diminuíndo a fenda a 17 puntos porcentuais.
No caso do sector TIC a porcentaxe de mulleres sitúase no 33,1%, unha cifra que ven descendendo de maneira paulatina ano a ano. Dentro do sector, o eido das telecomunicacións é o que conta cunha maior porcentaxe de mulleres entre os seus traballadores, acadando un 36,6%.
No que se refire á formación académica, o 34,9% dos traballadores do sector TIC son homes que contan con formación TIC de grao medio ou superior, mentres que só o 11,2% dos traballadores son mulleres que dispoñen da mesma formación académica. O estudo salienta igualmente “a significativa fenda existente” en canto a presenza nas empresas de mulleres con ciclos formativos superiores TIC: 16,6% de homes fronte a tan só un 2,7% de mulleres.
Polo que atinxe ás áreas funcionais das compañías do sector tecnolóxico galego, “a presenza de mulleres e homes tampouco é homoxénea”. Nun plano máis detallado, só o 13,7% das mulleres que traballan no sector desenvolve funcións TIC, fronte ao 51,8% dos homes. En relación ao persoal non dedicado a tarefas TIC, a porcentaxe de mulleres (12,1%) é só 1,3 puntos inferior á dos homes (13,4%)
A porcentaxe de mulleres directivas nas empresas TIC galegas sitúase no 18,6% e a fenda dixital no persoal dedicado a I+D+i acada os 66 puntos porcentuais.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026
Actualidade

Andrew Harmel-Law defende unha arquitectura de software máis colaborativa e menos xerárquica

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?