Hoxe comeza o xuízo ao 12 membros da organización rusa responsable do coñecido como virus da policía, que infectou a infinidade de equipos informáticos de todo o mundo para pedir rescate aos seus usuarios para liberalos deste tipo de malware, e que agora terán que enfrontarse na Audiencia Nacional a unha petición fiscal de ata 18 anos de cadea por delitos continuados de estafa, contra a intimidade, branqueo de capitais, falsidade documental en documento mercantil e pertenza a organización criminal.
En España o ransomware provocaba que o ordenador afectado quedase bloqueado e figurase en pantalla unha mensaxe co escudo do Corpo Nacional de Policía advertindo da detección dunha “actividade ilegal” dende o equipo en cuestión, asegurando que “o enderezo IP rexistrouse nas webs ilegais con contido pornográfico orientadas á difusión de pornografía infantil, zoofilia e imaxes de violencia contra menores”, chegando incluso a acusar ao usaurio de “envío ilegal de orientación pro terrorista”, de aí que o bloqueo do ordenador era para evitar a difusión do material sensible, aínda que logo facilitábase como solución o pagamento dunha multa de 100 euros nun prazo de 20 horas ou “todos os datos do ordenador serían eliminados”.
Este malware afectou a numerosos países, adaptando en cada caso a mensaxe que aparecía en pantalla ás forzas de seguridade do país no que estivese o usuario, e no caso español as actuacións parten de 933 denuncias de persoas con ordenadores infectados das que 390 chegaron a pagar a cantidade esixida.
Comeza o xuízo contra os responsables do virus da policía
Compartir Este Artigo

