Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O portal eXustiza gaña en accesibilidade e contidos
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O portal eXustiza gaña en accesibilidade e contidos

Redacción
Publicado: 29/02/2016
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

exustiza.jpgO portal de Xustiza, que este ano acubillará a sede xudicial electrónica, vén de ser obxecto dunha importante serie de remodelacións. Os traballos de renovación, relativos en parte ao deseño e á ampliación de servizos, viñeron da man da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) en colaboración coa Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza. A finalidade da iniciativa foi “consolidar exustiza.gal como canle de comunicación na rede entre os cidadáns, os profesionais e a Xustiza”. Asemade, a plataforma incorporouse ao dominio galego puntogal. Como novidades específicas, engadiu un apartado para a mediación familiar intraxudicial, un directorio de colexios profesionais, o censo xeral de letrados, o calendario de gardas e o servizo de verificación de documentos.
Respecto ao cambio de deseño e ao novo artellado dos contidos, os traballos encamiñáronse en boa medida a facer a navegación o máis doada posible. Dito doutro xeito: calquera cidadán que queira informarse sobre un trámite que facer ou unha porta á que chamar terá que percorrer o camiño en moito menos tempo e con moitos menos atrancos. “O cidadán que acceda a exustiza.gal”, informou AMTEGA a conto desta remodelación, “poderá coñecer de xeito sinxelo cales son os seus dereitos e deberes antes a Xustiza, quen e como pode acollerse a asistencia xurídica gratuíta ou como funciona o servizo de atención á vítima e á cidadanía”. Ademais, engade a axencia, os internautas que teñan que participar nun procedemento xudicial atoparán “unha explicación detallada de como funciona o xurado (requisitos, participación, retribucións e indemnizacións) e cales son os dereitos, obrigas e indemnizacións das testemuñas”. Por certo que o portal será máis que nunca un portal vivo, o que implica, entre outras cousas, que irá engadindo de xeito progresivo máis información e ampliando contidos xa existentes.
A web eXustiza incorpora un completo directorio de órganos xudiciais, no que se poden atopar 323 edificios e 696 órganos xudiciais en Galicia: xulgados, rexistros civís, fiscalías, oficinas de atención ao cidadán e as vítimas e outros órganos e servizos localizados no mapa e con todos os datos de contacto. Tamén acubilla información sobre os servizos que ofrece a Administración de Xustiza, con explicación de como son os procedementos e formularios para a súa descarga. Segundo lembra AMTEGA, no caso do Rexistro civil pódese atopar a información e documentación relacionada con nacementos, defuncións, matrimonios, nacionalidade e outras certificacións. Tamén se atopa a información sobre a inscrición no rexistro de parellas de feito.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026
Actualidade

Andrew Harmel-Law defende unha arquitectura de software máis colaborativa e menos xerárquica

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?