Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Igalia amosa a súa experiencia en Eduemprende Actúa
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Igalia amosa a súa experiencia en Eduemprende Actúa

Redacción
Publicado: 01/03/2016
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

eduemprende_actua_pontevedra.jpgHoxe levouse a cabo en Pontevedra unha nova sesión de Eduemprende Actúa, un programa do Goberno galego para amosar e pór en valor o talento emprendedor das nosas mozas e mozos e incrementar, deste xeito, as súas posibilidades vindeiras de atoparen traballo. Na experiencia de hoxe concorreron o director xeral de Educación e FP, Manuel Corredoira, e máis o director do IGAPE, Javier Aguilera. A maiores, participaron arredor de 150 alumnos do segundo curso dos ciclos de FP impartidos no IES Frei Martín Sarmiento.
Tralas introducións, a sesión celebrada no dito centro educativo colleu pulo coa presentación dun caso de éxito profesional e empresarial. Máis polo miúdo, o caso de éxito de Diego Pino, socio da empresa Igalia, dedicada ao desenvolvemento de software libre para grandes empresas estatais e internacionais. Segundo lembrou, Igalia está formada por máis de 40 persoas, a compañía que axudou a fundar ten oficinas na Coruña e Pontevedra e empregados en Barcelona, Helsinqui, Bruxelas, Madrid, San Francisco, ou Boston, entre outros lugares.
O director xeral de Educación, pola súa banda, salientou a importancia deste tipo de actividades para estimular a cultura emprendedora entre os máis novos. Segundo fixo saber, “o emprendemento funciona como unha vía idónea para que os titulados da FP galega accedan ao mercado laboral desde unha posición moi competitiva”. Pola súa parte, o director do IGAPE recordou aos estudantes que, ao abeiro da Lei de Emprendemento e a través da Unidade Galicia Emprende, os novos emprendedores poden acceder a servizos integrais e gratuítos de asesoramento e titoría para elaborar e avaliar os seus plans de empresa, así como a axudas específicas para a posta en marcha de novos proxectos de empresariais.
Nesta convocatoria máis de 1.700 alumnos dun total de 19 centros de ensino de toda Galicia – IES e Centros Integrados de Formación Profesional- de Galicia participarán este curso en Eduemprende Actúa.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026
Actualidade

Andrew Harmel-Law defende unha arquitectura de software máis colaborativa e menos xerárquica

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?