Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Ferrol acolle un seminario para aplicar a tecnoloxía máis avanzada ao sector naval
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Ferrol acolle un seminario para aplicar a tecnoloxía máis avanzada ao sector naval

Redacción
Publicado: 02/03/2016
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

cis_ferrol.jpgHoxe e mañá a Xunta propón no CIS Galicia de Ferrol un seminario tecnolóxico no que arredor dun cento de representantes do naval galego coñecerán o pulo competitivo que a realidade virtual e aumentada e o Big Data (información masiva) poden achegar de xeito positivo ao sector. Na inauguración do encontro, o director da Axencia Galega de Innovación (GAIN), Manuel Varela, explicaba que a incorporación de tecnoloxías avanzadas ligadas á fábrica intelixente é un factor estratéxico dentro dunha industria na que se producen estruturas de gran tamaño. “A realidade virtual e aumentada permite incrementar a seguridade e a eficiencia, minimizando o risco de erros de deseño e fabricación e os seus custos. No naval, isto supón unha vía para liderar”.
Dicir que estas xornadas teñen lugar ao abeiro do Shipbuilding 4.0, unha proposta na que colaboran: o centro tecnolóxico Aimen, a Consellería de Economía, Emprego e Industria traballa conxuntamente co sector naval galego para recuperar o liderado competitivo e tecnolóxico dos estaleiros galegos no menor prazo posible. O obxectivo é contribuír de xeito decisivo ao avance do sector impulsado pola Xunta. “Mediante o Naval 4.0 investimos dous millóns de euros para que o naval galego estea entre os líderes da revolución tecnolóxica do sector a nivel internacional”, sinalou Varela.
A este seminario asistirán representantes de empresas do naval e doutros sectores afíns, de centros tecnolóxicos, das universidades e de varios clústers no seminario.
A xornada de hoxe comezou cun percorrido por tres demostradores tecnolóxicos específicos para o sector naval, unha especie de prototipos deseñados para amosar en vivo as posibilidades reais de varias tecnoloxías. Os participantes coñeceron de preto un demostrador de composites e outro de fabricación aditiva, que lles permitiron comprobar as vantaxes do uso de novos materiais e de técnicas láser na fabricación de pezas de embarcacións a gran escala.
O terceiro demostrador trasladou os visitantes á cova de realidade virtual do CIS, na que puideron contemplar a escala real a recreación dun sistema completo de soldadura robotizada a partir dunha maqueta elaborada impresa en 3D. Nunha única demostración combinouse o coñecemento sobre as vantaxes da realidade virtual e da impresión de maquetas en 3D escalables nos procesos de deseño, capaces de reducir os elevados custos que supón a produción de prototipos tanto en termos económicos como de tempo.
O seminario continuará mañá coa difusión e demostración das vantaxes do software de xestión e do big data –tecnoloxías de almacenamento e manexo de enormes cantidades de datos–, un eido no que a Xunta financia un nodo de computación que se porá ao servizo do tecido empresarial galego nas vindeiras semanas a través do CIS, en colaboración co Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA).

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026
Actualidade

Andrew Harmel-Law defende unha arquitectura de software máis colaborativa e menos xerárquica

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?