Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Galicia Dixital crea a súa Biblioteca Virtual
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Galicia Dixital crea a súa Biblioteca Virtual

Redacción
Publicado: 02/03/2016
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

bvgd.jpgA plataforma temática sobre Galicia en Internet, Galicia Dixital, vén de anunciar a posta en marcha da súa Biblioteca Virtual de Galicia, un desexo expresado por este espazo que agora cobra vida. A Biblioteca ten como finalidade achegar aos usuarios un elemento de consulta sobre diversos temas xerais ou referidos ao noso país, de difícil acceso por outro medio. Tendo en conta que a elaboración dunha biblioteca é sempre “tarefa dura e complexa”, dende Galicia Dixital anuncian que que polo de agora este servizo tan só conta con 14 publicacións cedidas polos seus autores (algún propio de Galicia Dixital) como achega inicial a un fondo que pretenden sexa infindo:sen límites numéricos ou temporais. Emporiso engaden, que xa dispoñen de decenas de obras que serán publicadas paseniño nas vindeiras semanas.
Dende Galicia Dixital convidan a tódolos autores ou editores (con dereitos sobre calquera publicación) a facilitar os seus orixinais en versión dixital (preferentemente en PDF) xunto cunha autorización expresa para incluílos na Biblioteca Virtual Galega de Galicia Dixital. No caso de non dispor de versión dixital, poderase enviar un orixinal tal como foi editado, para a súa reprodución.
Asemade, tamén fan un chamamento aos autores e autoras de obras inéditas que queiran ser incluídos nesta Biblioteca Dixital, para iso deben enviar os seus orixinais coa indicada autorización para difundilo dentro da dita plataforma en Internet.
A esta Biblioteca Dixital Galega pode accederse a través da páxina principal de Galicia Dixital, onde van aparecendo de xeito aleatorio todos os títulos incluídos ou que se vaian incorporando a esta publicación electrónica dentro desta plataforma en Internet.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026
Actualidade

Andrew Harmel-Law defende unha arquitectura de software máis colaborativa e menos xerárquica

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?