Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Deputación de Ourense amosa en Madrid o seu modelo de vídeo-acta
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Deputación de Ourense amosa en Madrid o seu modelo de vídeo-acta

Redacción
Publicado: 03/03/2016
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

congreso_innovacion_servizos_publicos.jpgEsta semana estase a celebrar en Madrid (sede da Fábrica de Moeda e Timebre) a sexta edición do Congreso de Innovación e Servizos Públicos (CNIS), unha actividade destinada a debater sobre as metodoloxías máis axeitadas para xestionar a transformación dixital das administracións, entre outros obxectivos. O evento, que se vén desenvolvendo dende 2011, está a contar con presenza galega. Máis polo miúdo a da Deputación de Ourense, cuxo vicesecretario xeral presentou este 2 de febreiro un relatorio sobre vídeo-actas municipais, tecnoloxía, legalidade e transparencia. Na súa intervención Marquina fixo referencia ao desafío e potencial das novas tecnoloxías para a comunicación nas administracións, aplicadas sobre todo no eido das sesións plenarias, comisións informativas e mesas de contratación, “coa finalidade de dispoñer á tecnoloxía a prol dunha maior proximidade e achegamento á cidadanía”.
O vicesecretario xeral, nun plano máis concreto, amosou o seu modelo de vídeo-acta, sistema de xestión documental que permite a elaboración das actas dos plenos no menor tempo posible. “A solución”, sinalou, “baséase na integración vídeo e documentos electrónicos firmados dixitalmente mediante DNI electrónico”. Segundo engadiu Marquina, o sistema “combina a gravación en vídeo dos plenos co documento electrónico que contén a orde do día da sesión, todo asinado de maneira electrónica co certificado dixital ou o eDNI do presidente e do secretario da entidade local, para dar fe legal do acto”. Asemade, no congreso falouse da xestión da transparencia que se leva a cabo coa canle-vídeo dispoñible na web da Deputación de Ourense, que permite a retransmisión en directo e por streaming das sesións e reunións doutros órganos colexiados, como Comisión Informativas e Mesas de Contratación.
O CNIS que se ven desenvolvendo dende o ano 2011 é en palabras da Deputación “un punto de encontro de ámbito estatal sobre Administración Electrónica, no que se reúnen os representantes das distintas Administracións Públicas, as principais empresas do sector e diversos expertos relacionados coa materia”. Nesta sexta edición debátese sinaladamente sobre todo o que está a afectar hoxe en día ás institucións obrigándoas a xestionar a súa transformación a partir das novas capacidades tecnolóxicas, ao servizo das persoas: cidadáns, empresas e as propias administracións.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026
Actualidade

Andrew Harmel-Law defende unha arquitectura de software máis colaborativa e menos xerárquica

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?