Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Chega Appvise, ferramenta para loitar directamente contra o acoso nas escolas
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Chega Appvise, ferramenta para loitar directamente contra o acoso nas escolas

Redacción
Publicado: 03/03/2016
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

appvise_rsc_valdemingomez_appvise.jpgEntre os servizos e aplicacións que proliferan co obxectivo común de acadar navegacións máis seguras e unha Internet ateigada de valores positivos, ceibe de violencia, atópase unha plataforma que “promete” afianzarse en ámbalas beiras do Atlántico. Trátase de Appvise, en palabras dos seus impulsores “un servizo tecnolóxico-social para centros educativos que ofrece ferramentas de comunicación e de sensibilización para fomentar unha comunicación eficaz e previr e erradicar calquera tipo de violencia como o bullying”. Arestora, a plataforma está comezando a “loitar” contra a acoso escolar pola vía das TIC en seis países: España, Arxentina, Chile, Colombia, Guatemala e Estados Unidos. Os proxectos sociais de Appvise están presentes xa en tres continentes (América, Europa e tamén África).
Segundo fan saber os creadores desta tecnoloxía, o proxecto Appvise é tanto un servizo tecnolóxico como social que se apoia sobre un máis que firme plan de responsabilidade social corporativa. A través deste, os proxectos nos centros escolares dos diferentes países desenvólvense en colaboración con organizacións sen ánimo de lucro e grupos de expertos con arela solidaria.
A día de hoxe, nestas semanas previas ao lanzamento definitivo do proxecto, o equipo de Appvise está a traballar no fortalecemento das súas relacións institucionais coas autoridades de Gambia, país onde se porán en marcha proxectos de cooperación nos próximos meses. O mércores 24 de febreiro, de feito, desenvolveuse a reunión co embaixador do país en España, Yang Labou.
A previsión dos impulsores de Appvise é incorporar ao longo destes meses a meirande cantidade posible de socios estratéxicos, “ampliando o equipo de traballo para asegurar un crecemento sustentable e situar o proxecto en máis dun cento de países nun período de cinco anos.
A sede principal de Appvise está en Madrid (Villaviciosa de Odón). A iniciativa vén da man de Integra Technologies, empresa de innovación TIC pertencente ao grupo CHT Holdings, con sedes en Delaware e Malta.
A aplicación
Appvise conta cunha ferramenta de comunicación que facilita a conexión entre pais, profesores e alumnos. Entre outras cousas, inclúe funcións de localización, seguimento do rendemento e cualificacións do alumno ou de denuncia anónima en casos de acoso. Ademais, segundo sinalan os seus desenvolvedores, resolve “a comunicación de grupos extensos de persoas de maneira organizada e nada intrusiva”. Asemade, achega ao seu abeiro obradoiros educativos sobre diversidade cultural, protección do medio ambiente e dereitos humanos e prevención de violencia de xénero e acoso.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026
Actualidade

Andrew Harmel-Law defende unha arquitectura de software máis colaborativa e menos xerárquica

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?