Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O visor do expediente xudicial electrónico estenderase ás sedes xudiciais galegas ao longo do presente ano
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O visor do expediente xudicial electrónico estenderase ás sedes xudiciais galegas ao longo do presente ano

Redacción
Publicado: 03/03/2016
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

Alfonso Rueda (Vicepresidencia) e Mar Pereira (AMTEGA) na presentación en marzo das posibilidades do visor de expediente xudicial
Alfonso Rueda (Vicepresidencia) e Mar Pereira (AMTEGA) na presentación en marzo das posibilidades do visor de expediente xudicial
A Xunta implantará o visor do expediente xudicial electrónico nos xulgados galegos ao longo de 2016 segundo indicaron o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda e a directora da AMTEGA, Mar Pereira, onte durante a presentación desta solución, na que tamén participaron o fiscal xefe de Pontevedra, Juan Carlos Aladro e o maxistrado da Audiencia Provincial, Manuel Almenar.
Durante o mes de febreiro a Audiencia Provincial de Pontevedra acolleu a pilotaxe do visor, unha solución multidispositivo, que permitirá aos profesionais da Administración de Xustiza acceder á información do expediente xudicial en formato electrónico, convenientemente ordenada e catalogada.
O visor, ao que se accede mediante certificado dixital, permite o acceso á información dos expedientes xudiciais electrónicos relacionados con cada profesional con totais garantías de seguridade. Dispón dun buscador avanzado que facilita as buscas, filtrándoas en función das diferentes características dos procedementos ou documentos. Unha vez seleccionado o expediente o visor permite consultar os procedementos, pezas e documentos que o conforman.
20160303_expediente_xudicial_01.jpgA ferramenta garante a accesibilidade á información en todo momento, evitando o traslado físico da documentación, coas vantaxes de axilidade, eficiencia e seguridade que iso supón. O visor irá incorporando novas funcionalidades, progresivamente, como unha axenda xudicial persoal ou o módulo de alarmas para o apoio á actividade do persoal ao servizo da Administración de Xustiza.
O visor é unha das pezas chave do Expediente Xudicial Electrónico, xunto co sistema de Xestión de Arquivos físicos e pezas de convicción, que se está a probar en Ourense e a sede electrónica xudicial, que se porá en marcha este ano.
O proceso de implantación do Expediente Xudicial Electrónico vai acompañado da dotación de equipamento. Estanse a distribuír 100 portátiles e 290 equipos de sobremesa para axustar os postos de traballo ao novo escenario dixital.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026
Actualidade

Andrew Harmel-Law defende unha arquitectura de software máis colaborativa e menos xerárquica

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?