Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Vitae achega na Coruña un curso sobre selección avanzada de perfís profesionais TI
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Vitae achega na Coruña un curso sobre selección avanzada de perfís profesionais TI

Redacción
Publicado: 03/03/2016
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

vitae_curso.jpgVitae Consultores vai organizar na Coruña un seminario sobre recursos para asegurar que acadamos nas nosas empresas os mellores profesionais e, en consecuencia, a máxima calidade nas nosas iniciativas de mercado. Trátase do curso Selección e Avaliación Avanzada de Perfís TI baseadas na Neurociencia (PDF), unha actividade coa que se quere dar reposta a unha demanda crecente entre o sector das novas tecnoloxías da información (dada a escaseza de oferta no mercado laboral: a demanda das máis axeitadas metodoloxías para incorporar os perfís máis indicados e acaidos. Neste obradoiro, informa Vitae, “proporcionaranse métodos e ferramentas coas que xa se conseguiu unha porcentaxe de éxito de máis do 90% en selección de perfís TIC, incluíndo perfís técnicos, perfís de xefes de proxectos, perfís de desenvolvemento de negocio e perfís de alta dirección”.
En definitiva, a actividade formativa diríxese a permitirnos solucionar o devandito reto e termos “un criterio a seguir para saber en que aspectos ceder e en canles non ceder na contratación dun candidato ou candidata ou na promoción de un dos nosos profesionais”.
O curso encamíñase a ampliar a formación de directores, xefes de proxectos, xerentes ou profesionais dos recursos humanos, ou ben a calquera profesional que desexe adquirir as habilidades e coñecementos precisos e máis a axeitados para a selección e avaliación tanto de perfís TI como de calquera sector.
O obradoiro celébrase o vindeiro venres 8 de abril en horario de 9.30 a 13.30 e de 15.00 a 19.00 horas no Hotel Attica 21 da Coruña. O encargado de impartir os contidos será Marcos Carbonell, profesional con máis de trinta anos de experiencia nos sectores do deporte, das tecnoloxías da información e dos recursos humanos. Dende 2006 é socio director de Vitae Consultores. Foi responsable, directa ou indirectamente, de máis de 1.000 procesos de selección, cunha taxa de éxito de máis do 90%.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026
Actualidade

Andrew Harmel-Law defende unha arquitectura de software máis colaborativa e menos xerárquica

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?