Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: WeKAb leva a Expoformación a súa experiencia en procura e contratación de formadores
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

WeKAb leva a Expoformación a súa experiencia en procura e contratación de formadores

Redacción
Publicado: 04/03/2016
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

Juan Diego Pereiro Areán, director executivo (CEO) e fundador de WekAb
Juan Diego Pereiro Areán, director executivo (CEO) e fundador de WekAb
Este 3 de marzo daba comezo ExpoFormación 2016, o foro estatal de referencia para provedores de formación que se celebra parello ao IX Congreso Nacional de Formación Continua. Cómpre informar que esta edición da ExpoFormación ten lugar no Palacio Municipal de Congresos de Madrid e estenderase ata mañá sábado día 6 de marzo. No encontro en cuestión hai presenza galega, como a da startup galega WeKAb, con sede en Monterroso (Lugo) e oficinas na Coruña. A firma amosou o seu caso de éxito particular, cunha plataforma do mesmo nome que pon en contacto a expertos e formadores con empresas formadoras, “de forma áxil e co factor reputación como eixe central”.
Máis en detalle, o segundo relatorio de onte en Expoformación veu da man Juan Diego Pereiro Areán, director executivo (CEO) e fundador desta empresa galega. Na súa intervención Pereiro Areán subliñou a importancia do docente como figura clave na formación e expuxo a súa solución para a procura e contratación de formadores do século XXI, salientando a axilidade e reputación como elementos esenciais destes procesos.
En canto a WeKAb, dicir que ten un ámbito de actuación estatal e previsións de internacionalización. Arestora conta con máis de 4.700 formadores e 165 entidades de formación en toda España. A ferramenta tecnolóxica WeKAb.com, como dixemos, fai posible que os profesionais de calquera área de coñecemento poidan darse a coñecer, xerar reputación e formarse como formadores, á vez que fai máis doado o acceso aos mesmos a empresas e entidades formadoras.
WeKAb é un proxecto cualificado como IEBT (Iniciativa de Emprego de Base Tecnolóxica) pola Xunta de Galicia e foi acelerado a través do programa Galicia Open Future de Telefónica, en colaboración coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), a Axencia Galega de Innovación (GAIN) e o Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE).

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026
Actualidade

Andrew Harmel-Law defende unha arquitectura de software máis colaborativa e menos xerárquica

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?