Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A empresa lucense Kekotukos estrea o seu segundo videoxogo
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
VIDEOXOGOS

A empresa lucense Kekotukos estrea o seu segundo videoxogo

Redacción
Publicado: 23/03/2016
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

kekotukos_surprise2.jpgKekotukos S.L. é unha startup de orixe lucense que vén de lanzar o seu segundo videoxogo Kekotukos Surprise, desta volta dirixido a primeiros lectores e dispoñible xa para descarga en smartphones e tabletas tanto en iOS coma en Android. A aventura, de carácter educativo, está encamiñada a fomentar a aprendizaxe de idiomas. E quen está detrás de Kekotukos? Estamos perante un estudo de desenvolvemento dixital de Lugo que nacía en 2005 e que está dirixido polos emprendedores Eduardo Veiga e Pablo Encabo. Emporiso, este Kekotukos Surprise é o segundo videoxogo que lanza ao mercado esta startup lucense, que o mes pasado entraba no mundo de desenvolvedores de xogos educativos para dispositivos móbiles co lanzamento de Kekotukos Origins.
E volvendo ao novo videoxogo, Kekotukos Surprise supón un paso máis do proxecto Universo Infantil Dixital Kekotukos: dirixido a primeiros lectores (nenos de entre 3 e 7 anos), e que achega un novo xeito de aprender idiomas a través de catro álbums temáticos: Party, Farm, Love e Easter.
kekotukos_surprise.jpgCon esta nova app educativa os nenos terán máis doado o feito de aprender a escribir e pronunciar en inglés e español máis de 200 palabras grazas a catro modos de xogo distintos (un por cada álbum de Kekotukos Surprise). A medida que o neno vai xogando, obtén novos cromos que se apegan automaticamente no seu álbum. Cada cromo amosa unha palabra distinta que poderá ser repasada no seu álbum correspondente todas as veces que o neno queira.
Engadir que coincidindo coa Semana Santa e as vacacións de primavera, Kekotukos Surprise incluirá o álbum temático Easter, que se achegará de balde para IOS e Android. Nesta versión Lite lánzase o álbum Easter completo, sen ningunha restrición de uso.
Por outra banda, tamén están xa programadas catro novas expansións de Kekotukos: en Surprise que achegarán novos xogos e contidos que os nenos poderán aprender (Summer, School, Halloween, Christmas). O estudo comprométese a que todas as expansións sexan totalmente de balde seguindo coa filosofía se seguridade e non emprego de compras adicionais dentro dos seus xogos. Así mesmo, en Kekotukos Surprise poderanse incorporar ata 5 idiomas novos aos dous xa existentes (inglés e español).

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

VIDEOXOGOS

GTA 6 bate en España o récord histórico de lanzamentos físicos de videoxogos, malia venderse sen disco

26/11/2026
VIDEOXOGOS

Grand Theft Auto VI non consegue zafarse da piratería en PS5

26/11/2026
VIDEOXOGOS

O videoxogo galego Portalén poderá probarse na feira Culturgal

26/11/2026
VIDEOXOGOS

Camino Kaput chega a Android e iOS antes de presentarse no Culturgal

26/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?