Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A AMTEGA aproba o seu Plan de Acción 2016
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A AMTEGA aproba o seu Plan de Acción 2016

Redacción
Publicado: 28/03/2016
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

20160328_amtega_01.jpgO Plan de Acción 2016 da AMTEGA, aprobado hoxe no Consello Reitor da Axencia, establece 35 programas e obxectivos operativos, dotados con 77 millóns de euros para consolidar unha administración intelixente e eficiente, avanzar cara unha cidadanía dixital, integrar as TIC nos sectores económicos chave de Galicia, impulsar o sector TIC e estender redes ultrarrápidas na Comunidade. Na xuntanza, presidida por Alfonso Rueda, a directora da AMTEGA, Mar Pereira, destacou o grao de cumprimento do Plan 2015, que se situou no 86%, e engadiu que este será o ano no que se avanzarán nos desafíos formulados na Axenda Dixital de Galicia, a estratexia tecnolóxica da Comunidade para o horizonte 2020.
En 2016 avanzarse nas medias contempladas no Plan de Goberno e Administración Dixital 2020. Entre elas, potenciarase a sede electrónica, que posibilitará a tramitación electrónica integral de 200 procedementos; porase a disposición das entidades locais a plataforma de interoperabilidade Pasaxe!, na que se prevé acadar 1,5 millóns de consultas; estenderase a dixitalización dos documentos nos rexistros presenciais, que xa se está a pilotar no Rexistro Xeral da Xunta e consolidarase o Arquivo Dixital Integrado, unha peza fundamental para unha administración verdadeiramente dixital e sen papeis.
No eido turístico, consolidarase a iniciativa Smart Camiño, que o pasado 18 de marzo, se presentaba co arranque do portal do Camiño, caminodesantiago.gal, e o anuncio de que abril e maio estará dispoñible a aplicación do Camiño para as plataformas Android e iOS. Dentro desta iniciativa, continuarase a estender a Wi-Fi nos albergues públicos da Ruta, que xa está activada no 84%.
No eido educativo, prevese ampliar o alcance da iniciativa eDixgal ata 7.500 alumnos de 5º e 6º de educación primaria e 1º e 2º de ESO, que estudarán exclusivamente con contidos dixitais, gratuítos para as familias, e que poden empregarse incluso en lugares con baixa conectividade.
En canto aos servizos de Benestar, este ano disporase da primeira versión da Historia Social Única, que permitirá acceder á información social dispoñible dos cidadáns de forma unificada, tanto á que afecta aos servizos proporcionados pola administración autonómica, como aquela provinte dos servizos doutras administracións.
No eido do Transporte, ao longo do ano consolidarase o Sistema de Axuda á Explotación da Mobilidade de Galicia para mellorar a xestión e control da flota adscrita ao servizo de transporte público regular de viaxeiros de Galicia. Ao longo de 2016 integraranse na plataforma unhas 100 empresas de transporte e máis de 1.000 autobuses, para atender a unha demanda de 25 millóns de viaxes.
En 2016 avanzarase a consolidación dun hipersector TIC con iniciativas como o Programa Transforma TIC para desenvolver actuacións, en colaboración co sector empresarial, universidades, centros tecnolóxicos, centros de investigación, colexios profesionais e o propio sector TIC orientadas para o impulso do sector tecnolóxico.
Este ano abrirase a primeira convocatoria pública do Plan de Banda Larga para incentivar os despregamentos de redes de 100 Mbps para que no 2020 dispoñan deste servizo todos os núcleos de máis de 500 habitantes (o 60% da poboación da Comunidade) e o 55% dos polígonos e parques empresariais, o que supón case o 90% da superficie empresarial ocupada en Áreas Empresariais de Galicia.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?