O proxecto de intelixencia artificial Google DeepMind conseguiu un grande fito histórico con AlphaGo, sistema capaz de derrotar a un campión mundial de Go, e pronto poderiamos ver como este tipo de retos trasládanse a xogos máis modernos, se atendemos a certos avances desenvolvidos dende DeepMind nun proxecto de investigación da Universidade de Oxford no que analizaron os datos de naipes de xogos como Magic The Gathering e HearthStone, convertendo as cartas en código, de xeito que o sistema podería entender o funcionamento de cada carta grazas ao uso de redes neuronais que permitirían un adestramento escalable e efectivo.
No estado actual da tecnoloxía o sistema xa podería recoñecer bastante ben os naipes dos célebre xogos, e aínda que actualmente non están a traballar nunha intelixencia artificial para participar nos campionatos internacionais destes xogos, non sería de sorprender que en poucos anos vexamos algo así, conseguindo a máquina decidir as xogadas a realizar como interpretar as cartas en función da información que presenten (ou sexa, que non estaríamos ante rutinas pre-programadas, senón nun sistema que aprenda por si mesmo) o que serviría para que as novas xeracións entendesen mellor os avances neste ámbito (xa que a complexidade dos xogos baseados en naipes é máis coñecida entre a mocidade que os xogos de taboleiro clásicos).
Google DeepMind comeza a analizar naipes de Magic e HearthStone
Compartir Este Artigo
