Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: AtlantTIC fixo reconto dos seus importantes logros en tecnoloxías avanzadas e transferencia
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

AtlantTIC fixo reconto dos seus importantes logros en tecnoloxías avanzadas e transferencia

Redacción
Publicado: 31/03/2016
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

tactica3.jpgO Centro de Investigación AtlantTIC (Universidade de Vigo) vén de amosar os froitos recollidos a través das dez liñas de investigación do seu proxecto Táctica. A presentación de logros e obxectivos cumpridos celebrouse onte, perante representantes do noso tecido empresarial. Na cita, os investigadores de AtllantTIC comezaron lembrando a gran razón de ser de Táctica: a xeración de tecnoloxía avanzada e o pulo á transferencia de coñecemento TIC creado na nosa terra arredor da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación da Universidade de Vigo. Táctica, lembraron, contou cun investimento de oito millóns de euros achegados polo Ministerio de Economía e Competitividade e o Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, FEDER. Tras dous anos de traballo, en colaboración con centros e universidades estatais e internacionais, AtlantTIC pechou o proxecto con “resultados de gran valor para a industria”. Por exemplo, probas reais para a utilización de drons para uso civil, a análise da información e contidos na nube, a definición da tecnoloxía 5G ou a busca das mellores metodoloxías para incrementar a eficiencia do espazo radioeléctrico.
Nun plano máis concreto, entre os resultados da xornada celebrada na EE de Telecomunicación presentouse o desenvolvemento dunha plataforma SDR aplicada en comunicacións vía satélite desde un avión pilotado por control remoto, RPA, que mellora os sistemas de comunicación vía satélite para escenarios de mobilidade no ámbito civil con drons, vehículos, avións e barcos, mediante o desenvolvemento de algoritmos de adaptación de enlace, que permite adecuar as transmisión ás condicións nas que atopa a canle. Segundo se fixo saber, con esta tecnoloxía “redúcese a inercia doutros sistemas xa existentes, mellorando a fiabilidade na comunicación nas diferentes condicións de operación e acadando unha maior velocidade de transmisión”.
Outro dos resultados que se amosaron foron os do traballo en redes futuras de 5G, “que se agarda empecen a implantarse no ano 2020”. Estas redes, engadiu o centro vigués, teñen aplicacións nas áreas da saúde, o motor ou a enerxía, centrándose as investigacións de AtlantTIC no desenvolvemento da tecnoloxía de comunicación na banda milimétrica, ademais dunha aplicación concreta en sistemas de comunicacións vehiculares e radar para o eido do motor. No ámbito da saúde, déronse a coñecer varias ferramentas centradas en facilitar o día a día de pacientes de profesionais. Por unha banda, presentouse a aplicación BlueHeart, unha ferramenta portátil, desenvolvida para Android, destinada ao seguimento de pacientes que acaban de sufrir un infarto.
tactica2_nuria_gonzalez.jpgA análise de Cloud Media foi outro dos resultados sobre os que se afondou, unha liña de traballo centrada “no estudo da problemática do soporte, procesado e análise de grandes cantidades de información na nube, máis que nada información multimedia, así como o desenvolvemento dunha solución automatizada de análise de opinión para redes sociais, que ten un motor analítico de última xeración e está integrada na plataforma Big Data preparada para o seu despregue evolutivo e adaptativo na nube”.
No que atinxe aos contidos multimedia, os investigadores de AtlantTIC presentaron a plataforma web desenvolvida para a realización de buscas avanzadas de contidos audiovisuais. Esta plataforma permite asociar de maneira automática información con contidos e describilos nunha nube de etiquetas. A ferramenta posibilita a detección e identificación de conceptos, palabras e persoas a través do contido do propio arquivo, non só mediante o título ou as etiquetas coas que se identificou un documento.
O desenvolvemento de ferramentas que permiten a análise forense de imaxe e vídeo, podendo detectar arquivos manipulados ou identificar fontes de imaxe e vídeo, foi outra das investigacións presentadas, entre outras moitas achegas.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?