Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O IGAPE organizará a edición galega dos Premios EmprendedorXXI
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O IGAPE organizará a edición galega dos Premios EmprendedorXXI

Redacción
Publicado: 01/04/2016
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

premios_emprendedorxxi-3.jpgLa Caixa (Caixa Capital Risc) e o Ministerio de Industria (a través de ENISA) veñen de convocar a décima edición dos Premios EmprendedorXXI, un certame dirixido a “identificar e recoñecer as firmas con maior potencial de medre en España”. O concurso, que abrangue empresas estatais innovadoras con menos de 3 anos de andaina ás súas costas, terá unha vez máis edición galega. Esta vertente contará co Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE) en labores de organización. Outorgaranse cinco premios sectoriais de ámbito estatal e 17 premios autonómicos. Os galardóns sectoriais distinguirán as mellores empresas nos eidos das Ciencias da Vida, as Tecnoloxías da Información, os Negocios Dixitais, o ámbito Agroalimentario e as Tecnoloxías Industriais. Ademais, concederanse dous accésits: un á mellor innovación tecnolóxica e outro ao proxecto con meirande pegada social na súa contorna.
Os emprendedores que queiran presentar as súas iniciativas teñen de prazo desde o 30 de marzo ata o 30 de maio para enviar a súa candidatura á páxina web emprendedorxxi.es. Durante os meses de xuño, xullo e agosto valoraranse as candidaturas e procederase á escolma dos finalistas. Despois, en setembro e outubro celebraranse os actos de entrega dos premios autonómicos, incluído o premio galego.. Pola súa banda, o fallo final dos Premios EmprendedorXXI, na súa fase estatal, celebrarase en novembro en Barcelona.
As empresas gañadoras a nivel autonómico recibirán 5.000 euros, así como unha bolsa para participar nun curso intensivo de crecemento empresarial, Ignite Fast Track, impartido na Universidade de Cambridge (Reino Unido).
A nivel sectorial, os gañadores de cada ámbito obterán unha achega económica de 25.000 euros e o acceso de balde durante seis meses ás Peer-to-Peer Advisory Board, reunións mensuais dirixidas por un adestrador especializado en innovación e emprendemento co obxectivo de acompañar aos directores executivos de cada firma na definición de cadansúa folla de ruta. Ademais, terán acceso a un programa de acompañamento valorado en 25.000 euros, con actividades adaptadas ás necesidades e acceso preferente ao financiamento de Caixa Capital Risc e ENISA.
Edición galega 2015
Como lembraremos na edición de 2015 en Galicia participaron 22 empresas. Resultou gañadora a empresa Situm, que se adica á venda dunha tecnoloxía multisensorial de localización de smartphones en interiores, que permite coñecer a posición do dispositivo nun edificio e ofrecer unha gran diversidade de servizos xeoposicionados. A compañía obtivo un premio en metálico de 5.000 euros e a participación no curso de aceleración do negocio na Universidade de Cambridge, o devandito Ignite Fast Track.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?