Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: APDTIC advirte en Santiago dos riscos de non protexermos a nosa imaxe corporativa
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

APDTIC advirte en Santiago dos riscos de non protexermos a nosa imaxe corporativa

Redacción
Publicado: 07/04/2016
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

apdtic_andre_castelo.jpgA nova empresa galega APDTIC, da que falamos estes días en Código Cero para informar dos seus retos principais (achegar recursos para solucionar todo tipo de cuestións legais ás empresas galegas, estatais e mesmo internacionais), participou nas xornadas Acelérate celebradas este mércores na Cidade da Cultura. E fíxoo falando dos riscos de non protexermos a nosa imaxe corporativa ao abeiro das redes e salientando, en termos máis concretos, que máis da metade das nosas empresas do sector TIC non teñen aínda rexistrada a súa marca. Os datos foron achegados por André Castelo, director executivo da nova firma, emprazada en Santiago. As xornadas foron organizadas conxuntamente con Visanvis.
Castelo engadiu na súa intervención que “o erro de non salvagardar a nosa identidade como empresas”, malia non ser obrigatorio rexistrar unha marca comercial, é máis común do que pode parecer. En caso de non facelo, dixo, outros, incluso a nosa competencia, “poderán usar a nosa marca e nós non poderemos impedirllo”. Tamén é posible que a rexistren antes ca nós e non deixarnos marxe para seguir empregándoa, engadiu. Segundo fixo saber o CEO de APDTIC, os devanditos riscos son “importantes” e, sobre todo, “innecesarios”, dado que o proceso de rexistro dunha marca “ten un custo ínfimo, comparado co de perder esa imaxe corporativa”.
apdtic_castelo_publico.jpgOutro eido temático de interese que abordou Castelo no seu relatorio foi o da protección de datos persoais nas páxinas web. “Non se trata”, dixo, “de copiar e pegar un texto doutro sitio semellante para pór o pertinente aviso legal, política de privacidade ou de cookies, senón de cumprir unha normativa que, entre outras cousas, obríganos a ter ficheiros debidamente inscritos na Axencia Española de Protección de Datos, e a informar o usuario sobre os seus usos e darlle posibilidade de cancelar os mesmos”. Segundo fixo saber o relator, se isto non se realiza “debidamente”, a empresa pode ser sancionada con multas de ata 300.000 euros, nos casos máis graves.
Castelo tamén fixo referencia a outros aspectos legais sobre os que asesora APDTIC, como é a protección do deseño e desenvolvemento de ideas.
Nas xornadas, interviñeron, por parte de Visanvis, o fotógrafo e deseñador visual Xaime Cortizo, quen falou sobre O poder das imaxes, aprende a comunicar visualmente; e a economista Diana Pardo e a xornalista e deseñadora gráfica María Parqués, quen disertaron sobre Marca persoal vs Currículo. As xornadas, dirixidas a emprendedores, contaron igualmente co respaldo de Galicia Open Future, na Cidade da Cultura.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?