Como todos os meses, chega outro número de Código Cero na súa edición impresa, que se pode achegar de balde nunha completa rede de puntos de distribución, podéndose descargar tamén en formato PDF.
Nesta nova entrega dedicamos unha especial atención ao programa Galicia Open Future, que nestas datas está a entregar os galardóns da súa segunda edición e recibir aspirantes á súa terceira edición que reafirma esta iniciativa de Telefónica.
Tamén destacamos outros temas como:
– Tagen Ata e a UDC poñen ao alcance dos nosos estudantes un completo feixe de cursos en liña
– Gradiant achega unha tecnoloxía de recoñecemento de voz que fornece a máxima eficacia
– Abanca fornece unha solución de pagamento móbil a móbil
– O CITIC participou con IBM nun encontro sobre transformación dixital
– A firma galega FOGA lánzase a sensibilizar aos empresarios galegos na importancia das TIC
– O CPEIG achega formación avanzada para a nosa comunidade escolar
– O Goberno galego pon en marcha a experiencia intelixente para os peregrinos, Smart Camiño
– Entrevistamos ao secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García
– O tradutor Gaio xa foi obxecto de 1,3 millóns de consultas
– Xa temos os gañadores do certame Lingua de Namorar edición 2016
– Pontevedra pon en marcha a súa sede electrónica, desenvolvida por Imatia
– A Deputación de Pontevedra renova con Iberbanda ao abeiro do programa Repoblar
– Soloimprenta achéganos recursos en liña para facermos marca propia
– Santiago impulsa a súa vertente smart con ferramentas a prol do medio e a conservación
– A cultura galega emite sinais de vitalidade na Sociedade da Información
– O CCG abordará o potencial pro-galego das redes nos seus Encontros para a Normalización
– Os galegos estamos á cabeza do Estado en consultas en liña ás bibliotecas
Novo número da nosa edición impresa
Compartir Este Artigo
