Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Everis inaugura sede na Coruña e anuncia 30 novas contratacións
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Everis inaugura sede na Coruña e anuncia 30 novas contratacións

Redacción
Publicado: 12/04/2016
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

everis_conde_nova_sede.jpgEste luns a compañía de novas tecnoloxías Everis inaugurou a súa nova sede na Coruña, na Torre de Cristal, unhas instalacións que representan a aposta da multinacional española por innovar en Galicia e “impulsar o talento dos traballadores da nosa terra”. Así o manifestou o conselleiro de Economía, Francisco Conde, quen participou no acto xunto co conselleiro delegado de Everis, Benito Vázquez, e o director de Everis en Galicia, Jesús Lage.
Entre outras cousas, salientaron que a consultora tecnolóxica atesoura máis dunha década de traballo en Galicia, onde emprega máis de 200 profesionais e onde todo apunta a que -grazas ás novas instalacións, que duplican espazo- incrementará cifras de actividade, proxectos e traballadores. De feito Everis anunciou na inauguración que prevé incorporar en 2016 trinta persoas máis.
O conselleiro de Economía destacou algúns dos fitos importantes de Everis na nosa terra, por exemplo a unidade mixta de investigación (proxecto eHealth) na que Everis e o Centro Tecnolóxico Gradiant, coa colaboración da Fundación Ramón Domínguez, desenvolven “tecnoloxías punteiras para axudar os oncólogos a escoller os mellores tratamentos, rebaixar os tempos de espera en urxencias, ou mellorar a autonomía das persoas maiores”.
Conde tamén salientou “a aposta da compañía pola compra pública innovadora”, como “forma de entender a colaboración público-privada nun modelo de innovación aberta”, e fixo fincapé “na oportunidade” que pode supoñer para Everis o proceso que se está a desenvolver neste eido en torno ao polo tecnolóxico e industrial de avións non tripulados de Rozas.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?