Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A ESEI de Ourense recunca na súa colaboración con Galicia Open Future
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A ESEI de Ourense recunca na súa colaboración con Galicia Open Future

Redacción
Publicado: 14/04/2016
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

uvigo_galicia_open_future_presentacion.jpgLogo do acto celebrado o martes no Centro Demostrador TIC de Santiago, Telefónica volveu presentar esta semana os detalles da nova edición de Galicia Open Future (a terceira), desta volta perante os alumnos, investigadores e profesores da Universidade da Vigo (Campus de Ourense). A cita volveu contar coa presenza de Mari Carmen López, directora do centro de crowdworking que a dita operadora impulsa na Cidade da Cultura (Santiago) coa colaboración de AMTEGA. Segundo lembrou na Escola Superior de Enxeñaría Informática (onde se desenvolveu esta nova presentación) a terceira edición de GOF ten aínda aberto o prazo de presentación, máis polo miúdo ata este 15 de abril.
Escolleranse, das achegas que soliciten a súa inclusión no centro de emprendemento, un total de 50 proxectos empresariais innovadores, de alicerce tecnolóxico. Poderán, ao longo dos meses seguintes, madurar as súas ideas de negocio a través da formación, o asesoramento e, tamén, mediante o traballo en mancomún (apoio directo, intercambio de información e recursos) cos restantes emprendedores que participen en Galicia Open Future e máis nas múltiples palestras de emprendemento que Telefónica impulsa no mundo (de aí o de “centro de crowdworking”, que alude a unha evolución cuantitativa e tamén cualitativa do que se coñece como traballo colaborativo, co-working).
Entre os múltiples apoios que recibe GOF na nosa terra está precisamente (un ano máis) o da Escola Superior de Enxeñaría Informática do Campus de Ourense, que aposta por esta iniciativa contribuíndo á súa difusión entre o seu alumnado, que en anteriores edicións participou con varios proxectos empresariais nel.
“Galicia Open Future”, explicou a súa directora durante a sesión do martes, “é o centro de emprendemento galego impulsado por Telefónica en colaboración coa Xunta de Galicia, a través da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) e a Consellaría de Economía, Emprego e Industria; un programa no que Telefónica inviste anualmente preto dun millón de euros, ten unha duración inicial de seis meses, prorrogables en períodos de tres meses”.
Os emprendedores elixidos, explicou, reciben formación e adestramento especializado adaptados ás diferentes fases de maduración do seu proxecto (idea, semente, prototipo, piloto ou lanzamento) e do seu modelo de negocio. A través do Programa de Incentivos da Xunta, a Axencia Galega de Innovación outorga unha axuda de 2.000 euros a cada un dos proxectos seleccionados, e “mediante a plataforma web poden entrar en contacto con emprendedores de todo o mundo involucrados no programa de innovación Open Future de Telefónica, cuxo obxectivo é conectar a emprendedores, startups, investidores e organizacións públicas e privadas”, engadiu, explicando tamén que os beneficiarios poden acceder ás vantaxes de traballar na sede de Galicia Open Future, situada na Cidade da Cultura.
Tamén recordou que superada a primeira fase de formación, un xurado de expertos seleccionará ao tres mellores en función da súa achega aos sectores estratéxicos de Galicia, a súa innovación, o potencial de mercado, o grao de maduración e a súa viabilidade, ademais da súa composición multidisciplinaria, a súa motivación e o uso de tecnoloxía diferencial. Recibirán unha achega de ata 25.000 euros da Axencia Galega de Innovación, que deberá destinarse ao desenvolvemento do propio proxecto. Poderán acceder tamén a un préstamo reembolsable concedido por XesGalicia por un valor máximo doutros 25.000 euros. Un total de 330 iniciativas emprendedoras de base tecnolóxica xa participaron nas dúas primeiras edicións de Galicia Open Future.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?