Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Un informe debulla a situación da divulgación da ciencia e a tecnoloxía en Galicia
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Un informe debulla a situación da divulgación da ciencia e a tecnoloxía en Galicia

Redacción
Publicado: 20/04/2016
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

presentacion_informe_ciencia_xurxomar.jpgDurante a xornada de hoxe a Consello da Cultura Galega serviu de escenario para a presentación do Informe sobre a Divulgación da Ciencia en Galicia, que está dispoñible para a súa consulta en liña, así como para a súa descarga en formato PDF, e que permite debuxar unha vista xeral dos proxectos de divulgación da ciencia e a tecnoloxía en Galicia, dando conta da súa importancia social e dos avances na capacidade de comunicación que se foron desenvolvendo nos últimos anos. O informe tamén busca identificar as eivas e os atrancos que en moitas ocasións dificultan a creación de novos proxectos ou o mantemento a longo prazo dos existentes. Deste xeito temos unha ferramenta de utilidade para divulgadores, colectivos, xestores e institucións que queiran desenvolver actividades de divulgación eficaces.
Xurxo Mariño foi o científico que coordinou o documento presentado hoxe, nun acto no que os protagonistas da divulgación científica deron conta dos problemas de financiamento, a variedade de propostas e a reducida presenza da ciencia nos medios.
O informe está organizado por capítulos, que se corresponden con ámbitos analizados, como os medios de comunicación, os museos, as institucións e as empresas. No que ten que ver co apartado destinado á prensa impresa, o informe cuantifica nun 2,5 % a superficie total dos xornais que se destina a novas de ámbito científico. A inexistencia de suplementos especializados, revistas ou seccións dentro do xornal son outras das realidades que se describen. O documento tamén destaca a desaparición de programas especializados no medio televisivo, a escasa presenza na radio así como as iniciativas puntuais e voluntariosas na Rede.
Os contidos da xornada poden consultarse a través da súa gravación en vídeo dispoñible na páxina web do Consello da Cultura Galega.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?