Un informe recollerá a situación da divulgación en Galicia da ciencia e a tecnoloxía

xoves, 17 de marzo do 2016 Marcus Fernández

A comunicación popular do coñecemento científico e tecnolóxico resulta esencial para o desenvolvemento do espírito crítico da cidadanía, para poder interpretar as moitas achegas que se producen na nosa vida cotiá, especialmente dende que as novas ferramentas tecnolóxicas e de comunicación facilitan substancialmente a divulgación do coñecemento e a capacidade para organizar e desenvolver proxecto, e ante a carencia dunha análise desta situación en Galicia, dende a sección de Ciencia, Natureza e Sociedade do Consello da Cultura Galega desenvolveron un Informe sobre a divulgación da ciencia en Galicia, que supón unha descrición xeral e unha visión crítica de conxunto dos distintos proxectos, co obxectivo de que se converta nunha ferramenta útil para colectivos, xestores e institucións que queiran desenvolver actividades de divulgación eficaces.
Para dar a coñecer o devandito informe, o vindeiro 20 de abril no Consello da Cultura Galega (no segundo andar do Pazo de Raxoi) organízase unha xornada de presentación cunha sesión matinal de relatorios para a discusión e a reflexión, e unha sesión vespertina con relatorios de divulgación e unha mesa redonda, sendo esta actividade de balde, aínda que precisando inscrición previa ante a limitación de prazas (100 persoas) que cubriranse en orde de inscrición.

A xornada estará estruturada atendendo ao seguinte programa:

Sesión da mañá
10:00 horas - Presentación da xornada
10:15 horas - A ciencia é noticia - Eva Rodríguez, xornalista e redactora de SINC
11:15 horas - A Cátedra: unha axencia de axitación e propaganda científica - Juan Ignacio Pérez Iglesias, responsable da Cátedra de Cultura Científica da UPV/EHU
12:15 horas - Descanso
12:30 horas - Presentación do Informe sobre a divulgación da Ciencia en Galicia - Membros da Comisión elaboradora do informe
13:00 horas - Impacto local da comunicación científica - Gema Revuelta, directora do Centro de Estudos de Ciencia, Comunicación e Sociedade da UPF

Sesión da tarde
17:00 horas - Pílulas de divulgación - Jorge Mira, Deborah García, Manuel Vicente, Borja Tosar e Xurxo Mariño
18:00 horas - Foro de discusión: A divulgación da Ciencia en Galicia - Membros da Comisión elaboradora do informe
19:30 horas - Peche da xornada

PUBLICIDADE