Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Lorena Otero convida ás mozas a apostar polas TIC e polo seu amplo abano de opcións laborais
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Lorena Otero convida ás mozas a apostar polas TIC e polo seu amplo abano de opcións laborais

Redacción
Publicado: 29/04/2016
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

uvigo_lorena_otero-3.jpgOnte celebrouse na sede do CESGA (da man do CESGA e do CPEIG) o Día das Rapazas nas TIC, unha actividade destinada a fomentar as vocacións TIC entre as nosas estudantes na que participaron varias representantes do panorama profesional galego das novas tecnoloxías, amosando as súas experiencias e visualizando as moitas e variadas vantaxes que atoparán as mozas pre-universitarias de elixiren unha carreira ligada ao dixital. Entre estas representantes do tecido TIC galego figurou Lorena Otero, docente da Universidade de Vigo (Escola Superior da Enxeñaría Informática do Campus de Ourense). Otero Cerdeira foi convidada a falar da súa traxectoria como profesora e investigadora no eido TIC, concretamente no LIA2, Laboratorio de Informática Aplicada da Universidade de Vigo, e tamén en calidade de membro da Xunta de Goberno do Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia, entidade na que preside a Comisión de Igualdade. Segundo fixo saber, “é importante que as rapazas coñezan dun xeito próximo e axustado á realidade as oportunidades que teñen no sector TIC”.
A docente tamén salientou que no eido TIC pódese atopar “un oco no que desenvolver a creatividade e facelo con boas perspectivas laborais”. Sobre a suposta dificultade das titulacións tecnolóxicas, “a clave”, apuntou, “é estar facendo o que che gusta porque se algo che gusta non che vai resultar duro, aínda que teñas que esforzarte”, sinalou, engadindo que “este tipo de carreiras” abren “un amplo abano de posibilidades profesionais”. Na súa opinión, “o software está en todo” e polo tanto os eidos de traballo son innumerables, e “cada día chegan novos ámbitos profesionais”. No seu caso, por exemplo, entre as cousas que máis valora do seu traballo figura o labor de impartir contidos no Programa Universitario de Maiores do Campus de Ourense, “algo que nunca pensei que faría cando comezou a estudar a carreira”.
A todos os rapaces e rapazas que estean interesados no sector TIC, Lorena Otero anímaos a continuar “profundando nel a través da formación”. E engadiu: “Se é o que lles gusta, adiante, sen medo”. Ante o descenso de alumnas que se está dando neste eido a pesar do traballo a prol do fomento da igualdade, a docente anima “especialmente ás rapazas” a coñecer as xanelas que lles abren estes estudos e a decidir o seu futuro profesional “sen atender a tópicos ou desinformación”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?