Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Plan de Inclusión Dixital xa permite ás entidades e profesionais TIC convertérense en “aliados dixitais”
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Plan de Inclusión Dixital xa permite ás entidades e profesionais TIC convertérense en “aliados dixitais”

Redacción
Publicado: 29/04/2016
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

traballando_computador-5.jpgO Plan de Inclusión Dixital en Galicia, cuxos bloques de acción avanzamos o pasado 21 de abril con motivo da súa presentación, xa está en marcha e dando pasos cara a consecución dun dos seus principais obxectivos: combater a fenda tecnolóxica na nosa terra. Segundo puidemos saber, o Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou este 29 de abril unha resolución da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) pola que se regula a adhesión de “aliados dixitais“ ao Plan de Inclusión Dixital en Galicia, que desenvolve, precisamente, a dita axencia. Segundo informa o organismo galego que dirixe Mar Pereira, poderá ser “aliado dixital” calquera entidade ou profesional do ecosistema dixital que “teña interese en participar no desenvolvemento da sociedade dixital en Galicia contribuíndo á mellora da inclusión dixital”.
Para formalizar a adhesión como aliado dixital, indica a axencia, “só será necesario cumprimentar o procedemento telemático dispoñible dende hoxe mesmo na sede electrónica da Xunta de Galicia e acompañar a documentación que se require”.
Os axentes interesados en participar nesta fronte colectiva contra a fenda dixital (a través da organización de actividades formativas, conferencias e seminarios de alfabetización, capacitación dixital e innovacións social dixital, a cesión de contidos dixitais e espazos físicos, a posta en marcha de proxectos de inclusión dixital, etc) poderán facelo na categoría de “entidade colaboradora”, “mecenas dixital”, “referente dixital”, “mentor dixital” ou “voluntario/a dixital”.
No caso das entidades que actualmente colaboran coa Rede CeMIT ou co Programa de Voluntariado Dixital integraranse coma “aliados dixitais” de forma automática, sinala AMTEGA, engadindo que deste xeito seguirán a darlle continuidade aos labores arestora en marcha, e só terán que cumprimentar no formulario de solicitude electrónico os datos de identificación da entidade, a categoría de “aliado dixital”, as liñas de interese e a memoria das actividades a realizar, antes do 30 de maio.
Como lembraremos, o Plan de Inclusión Dixital de Galicia 2020 foi aprobado no Consello da Xunta do pasado 21 de abril e ofrece á sociedade galega “un servizo integral de dixitalización que abrangue desde as accións para a alfabetización dixital ata aquelas que permitan a calquera persoa, con independencia do nivel de formación dixital no que se atope, avanzar, madurar e acceder a maiores niveis de coñecemento e uso das TIC”. Para acadar este obxectivo o Plan establece actuacións en 3 grandes eixos estratéxicos: a alfabetización dixital, a capacitación dixital e a innovación social dixital e participativa.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?