Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Os relatores da xornada Patrimonio e comunicación amosan como reivindicar os nosos tesouros a través das TIC
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Os relatores da xornada Patrimonio e comunicación amosan como reivindicar os nosos tesouros a través das TIC

Redacción
Publicado: 02/05/2016
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

ccg_xornada_patrimonio.jpgA semana pasada celebrouse no Consello da Cultura Galega unha xornada sobre metodoloxías e tecnoloxías para defender, preservar, divulgar, acubillar, xestionar e reivindicar o noso patrimonio nas súas múltiples manifestacións. O encontro, organizado polo CCG, desenvolveuse baixo o epígrafe Patrimonio e comunicación, Novos paradigmas. Os relatores participantes coincidiron en salientar a necesidade de botar man dos novos recursos TIC para “traballar de xeito colaborativo entre todos os sectores implicados”. Ademais, avogaron por tirar proveito das redes para emprazar no espazo público os nosos múltiples sinais do pasado: audiovisuais, textuais, arquitectónicos, escultóricos, etc. A xeito de exemplos de cousas que se poden facer coas novas tecnoloxías falouse de dixitalización de vídeos familiares para subilos á Rede (Socheo), rexistrar e visualizar escavacións en directo, crear folletos turísticos interactivos, etc.
No evento participou, entre outros, o director do Instituto de Ciencias do Patrimonio do CSIC, Felipe Criado, que fixo un chamamento para “implicar á cidadanía” e “reconquistar ese espazo a través de accións que deben involucrar tamén a profesionais doutros ámbitos como o da socioloxía, a antropoloxía e a comunicación”. Tamén falaron (na mesa Patrimonio e sociedade) Mar Bóveda (debullando a iniciativa de roteiros alternativos Fai túa Compostela) e Manuel Ángel Pombal (que amosou o proxecto Costa dos Castros, no que xuntaron forzas varias comunidades de montes do sur da nosa terra para desenvolver accións de posta en valor dos xacementos castrexos da súa contorna).
Outro dos relatores foi Alejandro Lamas, da firma Sixtema, quen falou “das vantaxes e características do contido dixital relacionado co patrimonio no turismo”. Asemade interveu Carmela Sánchez, de Etnoga, quen se centrou en visualizar a súa experiencia en dúas liñas de negocio: o patrimonio lúdico e os itinerarios relacionados co patrimonio funerario.
A xornada tamén contou coa presenza de Manuel Gago, profesor da Universidade de Santiago e experto en divulgación cultural, quen botou luz sobre cuestións como o uso das novas tecnoloxías para darmos conta dunha acción a prol do patrimonio, que detalles da narrativa ter e conta e, en definitiva, que metodoloxías seguir para “contarmos unha historia”.
Igualmente, ao abeiro do encontro do CCG explicáronse dous casos concretos de reivindicación “do noso”, como son a iniciativa de recuperación e difusión audiovisual do Proxecto Socheo (iniciativa do director Xurxo González dende a vila da Guarda, que consiste basicamente en facer fronte común cos veciños desta localidade costeira para sacar á luz e dixitalizar o seu rico patrimonio audiovisual, conservado na súa meirande parte nos fogares e en diferentes formatos analóxicos) e a web do Castelo da Rocha Forte en Compostela (páxina ao servizo de público en xeral e seareiros e profesionais da investigación histórica e arqueolóxica, desenvolvida pola empresa A Navalla Suíza e impulsada polo Concello de Santiago co obxectivo de promover o devandito castelo santiagués e a contorna dende o punto de vista patrimonial e tamén turístico).

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?