O CDTIC acollerá as sesións técnicas do Multiforo Industria 4.0, que organiza a Axencia Galega de Innovación o vindeiro 9 de maio na súa sede central en Santiago de Compostela. Este foro nace co obxectivo de informar e facilitar a adaptación das empresas industriais ás tecnoloxías da industria 4.0, tecnoloxías que están a configurar unha nova realidade industrial a escala global. Para iso contará coa presenza de representantes do máis alto nivel e expertos de relevancia internacional que analizarán tecnoloxías clave para o futuro.
As sesións técnicas comezarán coa empresa Anubía, que presentará un ERP para fábricas intelixentes, a continuación Appentra presentará unha nova xeración de contornas de programación na Industria 4.0. Conpas, exporá un servizo de transporte flexible que se axusta a oferta coas esixencias do mercado en tempo real. Pola súa banda, ILUX Visual Technologies amosará o seu Dashoboard 3D en tempo real para unha xestión intelixente.
O segundo bloque de sesións, comezará coa tecnoloxía para mercados financeiros de Qubitia e Situm presentará o seu software de localización GPS en interiores. Por último, Versabotics, amosará o seu sistema de programación e visión artificial que permite utilizar robots industrias e Xeométrica exporá un entorno fotográfico 360º interactivo para inspección e posta en valor de instalacións industriais.
Para asistir a este acto cómpre inscribirse a través do seu formulario en liña.
O luns desenvolveranse no CDTIC as sesións técnicas do Multiforo Industria 4.0
Compartir Este Artigo

