Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Deputación de Ourense e Abanca dan a coñecer a app para o pagamento de impostos
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Deputación de Ourense e Abanca dan a coñecer a app para o pagamento de impostos

Redacción
Publicado: 09/05/2016
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

dep_ou_chxadevxiaaeyev.jpgA semana pasada a Deputación de Ourense e Abanca presentaron os detalles da aplicación móbil para terminais móbiles e tabletas da entidade provincial. Segundo fixeron saber, trátase dunha ferramenta que terá entre as súas primeiras aplicacións o pagamento dos impostos locais, e “sen custe adicional”. A idea, dixeron ámbalas entidades, é facilitar a vida dos cidadáns en relación ás administracións: o alicerce da chamada Administración Electrónica. Entre as vantaxes que pon en xogo a aplicación atópase a de poder ser empregada a calquera hora día e dende calquera lugar, sen ter que facer acto de presenza nas oficinas ou dependencias físicas nas que tradicionalmente cumpría presentarse. Isto significa que facer cousas como o pago dos devanditos impostos dende o noso dispositivo, no noso fogar e coas oficinas pechadas, é xa unha realidade.
dep_ou_chwvb7dwsa.jpgNo acto de posta en longo da ferramenta participaron o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, o director territorial de Abanca en Ourense, Rubén Saavedra, e o director de Innovación da entidade bancaria, Eduardo Aldao. O presidente Baltar, no acto de presentación, anunciou algunha das “novidades” extra da ferramenta, que serán incorporadas ao longo das semanas vindeiras. Por exemplo, posibilitarase á cidadanía mercar publicacións da institución provincial ou entradas para espectáculos que se celebren en instalacións da Deputación.
Manuel Baltar agradeceu a Abanca “a súa implicación neste proxecto innovador e a súa capacidade tecnolóxica para pór en marcha este sistema de xestión de pago”, agradecemento que fixo extensivo “ao tesoureiro da Deputación de Ourense, Miguel González, e aos servizos técnicos do ente provincial. Rubén Saavedra, pola súa banda, salientou que grazas á aplicacións os cidadáns poden pagar os impostos locais que xestiona a Deputación “de xeito rápido e sinxelo, con total comodidade, sen desprazamentos e a calquera hora do día”. E engadiu: “Con este proxecto damos un paso máis na nosa estratexia dixital, para ofrecer un servizo omnicanle, innovador e con altos niveis de calidade”.
depo_ou_chxadedwsaap75y.jpgSegundo explicaron, a aplicación permite realizar o pagamento do recibo “en dous cómodos pasos”. Primeiro, sinalaron, elíxese como se introducen os datos do recibo (facendo unha foto coa cámara do móbil ou tableta ao código de barras, introducindo os números do código de barras ou escribindo os datos do recibo) e, a continuación, cómpre teclear os datos do cartón para efectuar o pagamento. “A aplicación conta cun asistente que axuda ao usuario a formalizar o pagamento de recibos guiándoo en todo o proceso”, fíxose saber, engadíndose que o abono de recibos é de balde, sen ningún tipo de comisión.
A app foi desenvolvida por Abanca, e está dispoñible dende xa (para dispositivos Android e iOS) co nome de “Deputación Ourense”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?