
Volvendo ao acto do xoves, sinalar que a exposición de méritos dos proxectos finalistas do Master HPC, a cargo dos seus autores, comezará ás 16:00 horas. Tras a deliberación do xurado, a entrega de recoñecementos celebrarase ás 17:15 horas.
O xurado está composto por Tomás Fernández Pena, coordinador do Master, José Ignacio López Cabido (investigador do CESGA), José María Cavanillas (xefe de Big Data e Seguridade en Atos), David Mosquera Vázquez (xerente comercial de Grandes Contas de HP), Jorge Martín Cabrera (xefe de contas de Administración Pública de PSG, Fujitsu), José Fernando García Ródenas (responsable para España de Relacións coas Universidades de IBM) e Miguel Terol (Lenovo Technical Sales).
O acto comezará ás 16.00 coa devandita rolda de presentacións: Brais Bosquet (Detección e seguimento de obxectos móbiles mediante busca selectiva), Omar Álvarez (Deseño e implementación dunha solución HPC para Stereo Matchin), Mauro Fernández (Detección e seguimento de obxectos móbiles mediante cámaras), Juan Font (Deseño e implementación do despregamento na nube dunha plataforma altamente escalable de datos multimedia), Alberto Suárez (Clasificación en GPU de imaxes de teledetección baseada en ELM e perfís morfolóxicos) e Diego Nieto (Integración de cIBLAS na libraría de computación heteroxénea HPL).
Arredor das 17.10 comezará a deliberación por parte do xurado. Os galardóns a entregar seguidamente son os seguintes: Premio HP ao Mellor Proxecto Fin de Master, Premio IBM ao Mellor Proxecto Fin de Master, Premio Fujitsu ao Mellor Proxecto Fin de Master, Premio Lenovo ao Mellor Proxecto Fin de Master e Premio Bull á Excelencia Curricular.
O CESGA acolle este xoves a entrega dos Premios Master HPC
Compartir Este Artigo

