Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Quantis sinala que máis de 88.000 galegos non teñen boa cobertura de Rede
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Quantis sinala que máis de 88.000 galegos non teñen boa cobertura de Rede

Redacción
Publicado: 09/05/2016
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

Un recanto do concello de Ourol, un dos máis afectados na nosa terra pola escaseza de cobertura
Un recanto do concello de Ourol, un dos máis afectados na nosa terra pola escaseza de cobertura
Entre os concellos galegos con menor calidade e dispoñibilidade no que atinxe aos accesos á Rede sitúanse os municipios de Monfero, Aranga, Abadín, Ourol e Cervantes (Os Ancares). Estes e outros datos figuran nun informe feito pola operadora de satélite Quantis, que como lembraremos estivo recentemente na nosa terra achegando alternativas para emendar os, na súa opinión, problemas de conectividade de milleiros de empresas situadas en polígonos industriais galegos “que teñen un acceso a Internet, por cable ou móbil, de baixa calidade”. No seu novo informe Quantis advirte “que máis de 88.000 galegos non teñen acceso a Internet a través das operadoras de ADSL, fibra óptica ou WiMAX”.
quantis_concellos.jpgEstes datos, baseados en información da Secretaría de Estado de Telecomunicacións e para la Sociedade da Información, achegan a seguinte clasificación de concellos galegos con peores opcións de estaren na era dixital: Abadín (2.721 habitantes), Monfero (2.109), Aranga (2.051 habitantes), Cervantes (1.563) e Ourol (1.123). Todos estes termos municipais comparten certas características: teñen pouca densidade demográfica, pertencen a zonas de montaña ou presentan núcleos de poboación de difícil acceso ou orografía. Alí, sinala Quantis, a cobertura das grandes operadoras non vai alén do 30% en ningún caso. Isto é aplicable a outros concellos, aínda que con menor incidencia. Segundo sinala a empresa de telecomunicacións, trátase, en calquera caso, de cifras preocupantes, e máis tendo en conta os problemas de despoboamento que presenta boa parte da nosa terra, sobre todo as áreas máis rurais, “onde tamén hai un bo número de empresas, sobre todo PEME”, tentando saír adiante coas súas actividades.
Segundo Aquilino Antuña director xeral de Quantis, “hai moitos puntos brancos en toda a xeografía estatal”. Polo tanto, di, “aínda hai moito traballo por facer e é importante que os habitantes das zonas rurais accedan aos mesmos servizos que os de zonas urbanas”.
As zonas “en branco”, engade, existen en todas as provincias e inclúen polígonos industriais, zonas suburbanas e municipios de tamaño medio onde as conexións de banda larga “teñen escasa calidade ou simplemente non existen”. Por comunidades, a listaxe de “cidadáns desconectados” está encabezada por Castela A Mancha, Castela e León, Aragón e Valencia.
Segundo fai saber Antuña, as devanditas cifras chocan de cheo coa Lei 9/2014 Xeral de Telecomunicacións, que incorpora na súa disposición adicional décimo oitava, o obxectivo de lograr a universalización do acceso a Internet a 10 Mbps en 2017 e a 30Mbps en 2020, ademais de acadar no devandito ano que polo menos o 50% dos fogares poidan dispor de acceso a servizos de velocidades superiores a 100 Mbps. Ao seu xuízo, “se non mudan as cousas”, en 2020 “seguirán existindo fogares sen Internet”. Para Aquilino Antuña, a solución a estes problemas de cobertura está no satélite “porque o ceo ofrece unha cobertura do 100 por 100”, e, ademais, “é unha tecnoloxía que chega a todos os recantos onde non chegan as demais tecnoloxías”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?