Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Deputación de Lugo e AGESTIC apostan por unha formación TIC transversal e integral
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Deputación de Lugo e AGESTIC apostan por unha formación TIC transversal e integral

Redacción
Publicado: 11/05/2016
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

deputacion_lugo_agestic.jpgA Deputación de Lugo segue adiante coas súas xuntanzas destinadas a definir as novas accións formativas do programa de emprego LugoWork, xuntanzas con entidades empresariais con presenza na provincia e con orixe en diferentes sectores e ámbitos de acción. Se os días pasados falamos dende Código Cero da reunión con AJE, onte foi a quenda da Asociación Galega de Empresas de Tecnoloxías da Información a Comunicación, AGESTIC. A reunión dirixiuse, unha vez máis, a completar e o optimizar o dito programa formativo de emprego para a mocidade da provincia, co fin de conseguir (con axuda de plataformas como AGESTIC) que sexa o máis acaído posible para os intereses das e dos participantes.
Como lembraremos a programación vindeira de LugoWork está dotada con 2 millóns de euros, que o organismo provincial puido acadar de mans da Unión Europea a través da Escola de Organización Industrial. Ofrecerá a un mínimo de 300 mozos lucenses no paro formación sobre os nichos de emprego, que precisamente están a definir Deputación e sectores produtivos. Logo da formación, concederanse axudas económicas para a contratación dos rapaces en empresas da provincia ou para a apertura dos seus propios negocios.
Na xuntanza con AGESTIC, ademais de técnicos provinciais, participaron o presidente da Deputación, Darío Campos Conde, e o deputado de Participación Cidadá e Transparencia, Pablo Rivera Capón, que avanzou que a dita entidade empresarial demanda accións formativas concretas en aspectos como a seguridade de Internet e da información, a Internet das Cousas, o desenvolvemento web, a creación de contidos en liña ou a maquetación, entre outros eixes temáticos.
AGESTIC salientou tamén a transcendencia de apostar por “unha formación transversal dos profesionais das TIC”, co fin de procurar unha meirande alfabetización dixital na cidadanía e sensibilizar ao público en xeral da importancia das Tecnoloxías da Comunicación e Información, as TIC.
Rivera Capón coincidiu na “necesidade de implantar na sociedade estes novos coñecementos” e apostou por “elaborar actuacións por bloques temáticos que sexan de carácter eminentemente práctico, buscando empresas da provincia de Lugo nas que facer prácticas e onde poidan adquirir e reforzar coñecementos”.
O deputado destacou “o compromiso da Deputación co ámbito das novas tecnoloxías”, salientando o pulo que se lle dá dende o organismo provincial e tamén a actividade xerada a través da Fundación TIC. Cousas como por exemplo os obradoiros de InLugo, “cos que se ofrece formación en TIC para os máis maiores de toda a contorna provincial”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?