Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A mostra Galicia100 abre as súas portas físicas e dixitais
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A mostra Galicia100 abre as súas portas físicas e dixitais

Redacción
Publicado: 11/05/2016
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

ccg_galicia100.jpgFinalmente abriu as súas portas na sede de Afundación en Santiago (rúa do Vilar 19) a exposición que achega un percorrido pola historia e a identidade de Galicia a través dun centenar de cousas con capacidade de abonda para definilas (a historia e máis a identidade). Cousas como o mosquetón de Foucellas, o báculo e o anel do bispo Gonzalo (que adiantamos os días pasados salientando a posibilidade de velos en 3D) ou a bandeira do Consello de Galiza. Falamos da mostra Galicia100, que vén da man do Consello da Cultura Galega (coa colaboración de Afundación e Abanca) e que foi inaugurada este martes polos principais representantes das ditas entidades, Ramón Villares (presidente do CCG) e Miguel Ángel Escotet (presidente de Afundación). A apertura da exposición tamén contou coa presenza do seu comisario, Manuel Gago, profesor da USC, director de culturagalega.org e editor de Capítulo 0. Por certo que a TVG está a amosar diariamente (desde o luns 25) unha escolma das pezas seleccionadas. Na inauguración tamén participou o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo.
galicia100.jpgSegundo fixo saber Gago no devandito acto, a exhibición ten unha ampla e vizosa vertente tecnolóxica: conta con catálogo, aplicación para dispositivos móbiles e un sitio web (galicia100.consellodacultura.gal) que aposta pola interactividade na dixitalización do patrimonio. Gago engadiu que “a ofrece unha lectura da identidade e da cultura galega a través de pezas significativas, escollidas pola súa capacidade de representar tempos, épocas, xentes e mentalidades”. Ou sexa, apuntou, trátase de ofrecer ao visitante “unha experiencia na que os obxectos cobran protagonismo como punto de partida para contar como somos e como chegamos a ser o que somos”.
A exposición amosa unha selección de cen obxectos, entre os que hai pezas de ámbito cotiá, como pode ser un morteiro de améndoas de mediados do século XVII, un bidón de leite que representa a evolución do sector agrogandeiro ou un pote de queimada, xunto con “outros máis emblemáticos” como a bandeira do Consello de Galiza ou a Mariscala, cadea coa que se sospeita que foi encarcerado o mariscal Pardo de Cela. A mostra ficará aberta ata o 18 de setembro en Santiago, desde onde iniciará un percorrido que a levará ata a Coruña e Vigo.
Un dos elementos fundamentais da proposta é o seu catálogo, no que atoparemos “unha lectura cronolóxica dos obxectos” e no que estes están comentados, “en textos moi divulgativos”, por máis de sesenta expertos nunha manchea de eidos de investigación, entre os que están Francisco Díaz-Fierros, Chus Martínez Domínguez, Emilio Pérez Touriño, Xurxo Ayán ou David Barro. Este catálogo, ademais de impreso, dispón de web de seu e unha aplicación de balde para móbiles e tabletas na que amais dos contidos textuais e gráficos, temos acceso a contidos interactivos, multimedia e participativos. Segundo fixeron saber na presentación, catálogo e app poderanse descargar de balde desde a web da exposición a partir desta cuarta feira (mércores 11).
ccg_galicia100-2.jpgA exposición reúne fisicamente case setenta obxectos da escolma nunha estrutura dividida en sete grandes módulos (Poder, Territorio, Comunidade, Códigos, Transicións, Redes e Trasmundo). Na mostra, engadiuse, as pezas agrúpanse entre si “rompendo o tradicional esquema cronolóxico” e “buscando o diálogo e as relacións a través de épocas”, das pezas entre si e delas co visitante. A intención, polo tanto, é “animar ao visitante a explorar as relacións e os sentidos entre obxectos, combinando pezas de gran valor e significado histórico con obxectos cotiás e humildes do noso pasado”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?