Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Ourense quere ser unha smart province, interconectada e participativa
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Ourense quere ser unha smart province, interconectada e participativa

Redacción
Publicado: 16/05/2016
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

ourense_icc_week_ciz0-10w0aaejmh.jpgA semana pasada desenvolvéronse as conferencias do programa Ourense ICC Week, organizadas pola Deputación para (entre outras cousas) impulsar o patrimonio e a cultura da provincia a través das novas tecnoloxías (e viceversa: fomentar o uso das tecnoloxías a conto da cultura e o patrimonio). O peche das conferencias correu a cargo do presidente do organismo provincial, Manuel Baltar, e do redactor xefe da revista Wired UK, David Rowan. O titular do Goberno provincial aproveitou a ocasión para propor “un modelo de smart province” con servizos interconectados que “permitan crear unha rede provincial de infraestruturas tecnolóxicas”.
Baltar tamén falou do proxecto de Provincia Intelixente da Deputación, baseado “na creación dunha plataforma común de software e unha zona de servizos conectados que ofrezan aos cidadáns información compartida e en tempo real de todos os ámbitos de interese para a cidadanía”. Este é, dixo, o concepto de interconexión territorial que conformará o que se coñece como proxecto Smart Ourense.
ourense_icc_week_ciz0-4xwsaarvqd.jpgO presidente provincial engadiu que a estratexia de posicionamento internacional da marca Ourense, a promoción das singularidades da provincia e máis un modelo de xestión pública baseado en iniciativas innovadoras e de participación (“que facilitan a relación administración-cidadán”), son o alicerce do proxecto Smart Ourense, “que terá as súas liñas de acción na cooperación público-privada e na transparencia”.
No acto celebrado no Teatro Principal de Ourense, tamén participaron o redactor xefe de Wired UK, David Rowam, especialista en temas de tecnoloxía, negocios e innovación, e Alberto Valero, director do proxecto educativo Bq, vencellado a proxectos de innovación educativa.
Pola mañá, no espazo A Molinera, expertos de distintos sectores abordaron a cuestión da economía creativa e o futuro dos contidos. Participaron: Juan Rivas, coordinador da ICC Week, que actuou como moderador, Edgar Martin Blas, director executivo en New Horizonts VR; Áurea Rivela, directora de Uptopic us, Zinc Shower; Millán Berzosa, adestrador de Google News Lab (España e Portugal) e Julio Manso, xefe de Vendas de Admanmedia.
Neste debate analizáronse as tendencias actuais na era da Sociedade da Información, e tamén novos proxectos de mercadotecnia dixital, redes sociais, xeración de contidos, realidade virtual e análise de datos. Tamén houbo actividades para os máis pequenos na ICC Kids, cunha conferencia do profesor de artes plásticas José Rivela e os seus alumnos da ESO, na que falaron da súa experiencia na creación da curtometraxe Looking for Bill Viola, e a súa relación co artista estadounidense Bill Viola, actividades que se completaron con talleres de plastilina, pintura condutiva e stop-motion.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?