Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Despega o proxecto Smarnet para impulsar no noso litoral a pesca intelixente
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Despega o proxecto Smarnet para impulsar no noso litoral a pesca intelixente

Redacción
Publicado: 18/05/2016
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

pesca.jpgOs días pasados o proxecto-consorcio Smarnet (dirixido a aplicar o concepto e características propias das contornas smart no ámbito litoral e da pesca) emitiu novos e importantes partes informativos de actividade. Segundo puidemos saber, as catro empresas galegas implicadas na iniciativa (SIVSA, Scio IT, Itelsis e Ocean Vision) xa traballan arreo na súa construción, xunto con Gradiant e o Centro Tecnolóxico do Mar (CETMAR). O proxecto materialízase este mesmo ano, coa presentación dos primeiros prototipos.
Como lembraremos, Smarnet obtivo recentemente o financiamento preciso para o seu pulo. Concretamente, recibiuno do programa FEDER Innterconecta (xestionado polo Centro para o Desenvolvemento Tecnolóxico Industrial, o CDTI). A empresa líder do consorcio é SIVSA e, segundo informou a propia empresa recentemente, a iniciativa pretende “dar forma a unha plataforma baseada na tecnoloxía Fiware que dea soporte ao desenvolvemento de aplicacións e servizos asociados ao ámbito litoral-costeiro, tanto para o ámbito profesional como para o público xeral”.
A un nivel máis concreto, estas aplicacións e servizos permitirán aos profesionais facer cousas como rendibilizar ao máximo as súas actividades pesqueiras: saberán se un lugar e tempo determinado son acaídos para encetar o seu labor, se hai elementos non previstos que poidan entorpecer a seguridade e a navegación, o tempo exacto que vai acompañar unha xeira de traballo, os prezos actuais das especies, etc. Tamén poderán levar a cabo accións integrais de xestión e control dos buques e equipamentos dos que dispoñen, facendo fincapé na súa dispoñibilidade e na súa seguridade.
Segundo informan dende a coruñesa Scio IT, o alicerce de Smarnet é a ferramenta creada para controlar os labores realizados na reserva mariña dos Miñarzos, focalizándose a dita tecnoloxía en permitir á Xunta localizar a situación e actividade dos buques alí faenando. Con Smarnet, engade, romperanse límites e, polo tanto, xa non será a Administración Autonómica a única que poderá ter acceso a estas tecnoloxías: os profesionais dos barcos poderán subir información e acceder a ela, ao xeito dunha rede social onde a información actualizada en tempo real é unha das súas principais razóns de ser. Nesta vertente de Smarnet xogará un papel importante o sistema Safe to Sea (S2S), unha tecnoloxía de Scio con capacidade para lanzar aos servizos de urxencia alertas automáticas e inmediatas sobre caídas de mariñeiros e navegantes ao mar.
Segundo sinalou no seu día SIVSA, Smarnet preséntase como unha plataforma que permitirá unificar o acceso a datos marítimos e pesqueiros e crear aplicacións de valor engadido dunha maneira sinxela, estandarizada e flexible en relación a cambios e adaptacións outras contornas. Con este último obxectivo, o proxecto conta coa “importante colaboración” de centros tecnolóxicos como o Centro Tecnolóxico do Mar (CETMAR) e o Centro Tecnolóxico de Telecomunicacións (Gradiant).
Respecto das respectivas contribucións de cada empresa participante, Scio achegará sobre todo a parte do soporte tecnolóxico e electrónico, en definitiva os equipos que posibilitarán o uso da plataforma dende o barco. O cometido de SIVSA, pola súa parte, centrarase principalmente en deseñar e desenvolver a dita plataforma central e o seu software, amais do centro de control. Itelsis fornecerá a vertente de comunicacións e Ocean Vision o seguimento e xestión altamente eficaz das artes pesqueiras empregadas.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?