No mes de febreiro WhatsApp deu conta do feito de que estaban a preparar unha limpeza das súas aplicacións, de xeito que antes de rematar o ano deixarían de soportar ás versións móbiles da súa ferramenta para os sistemas operativos menos empregados, deixando fóra a Nokia S40, Symbian S60, Android 2.1 e 2.2, Windows Phone 7.1 e BlackBerry (en todas as súas versións), pero a entrada do blog na que publicaban esa información incorporaron unha nova plataforma na que deixará de estar dispoñible o WhatsApp Messenger: iPhone 3GS con iOS 6.
Aínda que o número de usuarios cun iPhone 3GS operativo suponse que será ridículo, xa que estamos ante un terminal lanzado hai 7 anos, que deixou de recibir actualizacións de software hai máis de 2 anos, ou sexa, que claramente está descontinuado.
Temos así que WhatsApp pechará o ano eliminando a compatibilidade con móbiles de estreados tanto hai 7 anos como hai 2, o que supón un grande contraste entre plataformas, sendo iOS e Android as mellor tratadas, mentres que o soporte do resto é directamente proporcional ao seu número de usuarios.
WhatsApp deixará de funcionar nos vellos iPhone 3GS
Compartir Este Artigo
