Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: En marcha a nova web de Turismo Rías Baixas
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

En marcha a nova web de Turismo Rías Baixas

Redacción
Publicado: 27/07/2016
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

turismo_rias_baixas_web.jpgEste mércores botou a camiñar, definitivamente, a nova páxina de Turismo Rías Baixas, accesible en turismoriasbaixas.com. O sitio, que avanzamos a semana pasada nas súas liñas estratéxicas xerais (salientando que engade un extra de eficacia e comunicación con respecto á anterior proposta, amais de achegar melloras visuais e de contido), diríxese a pór en valor o destino Rías Baixas para impulsar o desenvolvemento e a creación de postos de traballo na provincia. Segundo explica a Deputación de Pontevedra, impulsora da iniciativa, estamos ante unha plataforma online elaborada por persoal propio da institución provincial e que non supuxo custos engadidos para as arcas provinciais.
A web foi presentada o pasado 22 de xullo e na cita cos medios de comunicación a presidenta da entidade provincial, Carmela Silva, fixo fincapé na importancia das TIC para convocar e atraer turistas. No caso concreto da nova páxina, o que se busca é “dar a coñecer todas as nosas potencialidades, captar a atención das usuarios e usuarios e contribuír a que as e os turistas, dende as súas casas, poidan planificar a viaxe ao destino Rías Baixas”.
Silva tamén aproveitou para destacar os puntos novos que pon en xogo a nova páxina en relación á proposta tecnolóxica previa, á que cualificou de plataforma “inútil para a promoción turística”, con información “de difícil acceso e disuasoria”, xa que “as usuarias e usuarios entraban unha vez e non regresaban máis”. Porén, dixo, a nova páxina está plenamente adaptada aos novos tempos e é “moito máis atractiva, de doado manexo, máis útil e, tamén, está en maior medida ceibe dos problemas técnicos que existían”.
Segundo engadiu, a web presentada “proporciona ás e aos turistas unha experiencia diferente que, amais, poderán confeccionar segundo os seus gustos e necesidades”. En concreto, a plataforma de forma automatizada fornecerá experiencias únicas acorde á estación do ano e permitirá introducir a maneira na que a e o turista desexa viaxar, ben sexa sen compañía ou en parella, en grupo ou con nenas e nenos, en primavera ou verán, etc.
Silva tamén lembrou que a través desta páxina os concellos son e serán pezas fundamentais dentro da estratexia turística que a Deputación de Pontevedra está a levar a cabo, e terán maior protagonismo e espazo propio para a promoción dos seus recursos turísticos. “Tamén ocuparán un lugar en portada os atractivos culturais, gastronómicos e deportivos da provincia, así como as novas e a axenda de eventos”, engadiu.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

atlanttic_guardian_the_mind.jpg
Actualidade

O labor tecnolóxico da UVigo pola investigación contra o alzhéimer, recoñecido por AFAGA

27/11/2026
Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?