Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O CSIC celebra o Día da Arqueoloxía cun gran mural en liña de investigadores
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O CSIC celebra o Día da Arqueoloxía cun gran mural en liña de investigadores

Redacción
Publicado: 28/07/2016
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

arqueoloxia-2.jpgO Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) celebra este 29 de xullo o Dia da Arqueoloxía. E faino, a través do INCIPIT (Instituto de Ciencias do Patrimonio, con sede en Santiago) e cos 13 socios do proxecto europeo NEARCH, cunha iniciativa tecnolóxico-dixital dirixida aos profesionais adicados ao estudo das pegadas do noso pasado. A actividade consiste en convidar a este colectivo (traballadores, estudantes e voluntarios da arqueoloxía en Europa) a que nos achegue (mediante textos, imaxes ou vídeos) o seu traballo cotián na procura de elementos que reconstrúan a nosa historia e nos axuden a coñecer mellor o presente e o futuro (a través do pasado). O material deberá ser enviado á conta dayofarchaeology@gmail.com para, logo, ser difundida na web dayofarchaeology.com.
“O fin último”, informa o INCIPIT, “é abrir unha xanela dixital desde a que observar a vida diaria de arqueólogos e arqueólogas de todo o mundo, amosando a gran variedade de traballo que se leva a cabo no mundo ao abeiro desta profesión, e axudando a aumentar a conciencia colectiva sobre a relevancia e importancia da arqueoloxía no mundo”.
Proxecto NEARCH
Financiado polo programa Culture da Unión Europea, desenvólvese entre 2013 e 2018. O obxectivo é fortalecer as ligazóns entre arqueoloxía e sociedade, abrindo a disciplina á comunidade, implicando a esta na súa práctica e trasladando esta reflexión ao ámbito da investigación e a xestión do patrimonio arqueolóxico. Coordinado polo Institut National de Recherches Archéologiques Préventives (INRAP, Francia), participan 14 socios, maioritariamente institucións de investigación, así como entidades da administración, empresas e organismos de creación e exhibición cultural.
Mostra na Coruña
Ademais do devandito e con motivo tamén do Día da Arqueoloxía, o MUNCYT da Coruña inaugurou hoxe a mostra Fotciencia13. A mostra recolle as fotografías gañadoras da décimo terceira edición do certame de fotografía científica Fotciencia, así como unha escolma doutras 49 imaxes presentadas ao concurso. Este certame está organizado pola FECYT e o CSIC en colaboración coa Fundación Jesús Serra. OP vídeo coas imaxes recoñecidas polo xurado e toda a información relativa ao certame están dispoñibles en fotciencia.es. Entre as achegas gañadoras e que se poderán ver na mostra atópase unha fotografía que reflicte os microorganismos presentes na man dunha nena (primeiro premio na categoría Xeral) e un cristal de zeolita empregado para descontaminar a auga (premio premio categoría Micro). A exposición poderá visitarse ata o 4 de setembro.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

atlanttic_guardian_the_mind.jpg
Actualidade

O labor tecnolóxico da UVigo pola investigación contra o alzhéimer, recoñecido por AFAGA

27/11/2026
Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?