Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O número de fogares con computador duplicouse entre 2003 e 2015
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O número de fogares con computador duplicouse entre 2003 e 2015

Redacción
Publicado: 28/07/2016
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

computador_fogar.jpgO novo informe sobre fogares do observatorio estatal ONTSI confirma cousas que xa sabíamos (a gran maioría da poboación prefire o móbil sobre calquera outro trebello, cunha forte penetración dos dispositivos intelixentes) e outras non tanto (o portátil pasou, nos fogares, dunha taxa de penetración do 5,2% en 2003 ao 66,2% da actualidade). O nova edición do estudo é especialmente relevante para coñecer a evolución das TIC nas nosas vidas ao longo da historia recente: achega datos relativos ao período comprendido entre 2003 e 2015. En cuestión de equipamento informático, a investigación sinala que durante este lapso de tempo duplicouse o número de fogares con computador: pasou dun 43,4% en 2003 a un 82,2% en 2015. Polo que atinxe ás tabletas, limitábanse na data en que apareceron no mercado (2012) a un 11,8% dos domicilios. A día de hoxe están case na metade. E subindo.
No que respecta á penetración do móbil, non deixou de medrar e a finais de 2015 nove de cada 10 individuos xa conta cun aparello destas características. En cuestión de equipamento de lecer, os aparellos estrela son as televisións de TFT ou plasma, que están presentes en 8 de cada 10 casas. En 2007 estaban só no 15,2% dos domicilios. As televisións intelixentes, con conexión á Rede, está arestora no 18,5% das casas.
O estudo do ONTSI tamén rexistra a evolución do equipamento de lecer a nivel individual. Neste apartado, o 29,6% dos cidadáns xa conta cun reprodutor MP3. O lector de libros dixitais pasou dunha taxa do 0,5% en 2009 a unha porcentaxe do 16,3 en 2015.
O gasto medio por fogar en servizos TIC experimentou unha redución desde 2003 ata 2015, pasando de 92,8 euros a 63,5 euros (IVE incluído).
Atendendo ao nivel de penetración de cada un dos servizos TIC nos fogares, percíbese que desde 2003 ata 2015 Internet rexistrou un medre considerable nos fogares (do 25,4% ata o 73,3%). En canto aos servizos de telefonía, o dato máis salientable é que a partir de 2006 a porcentaxe de fogares con teléfono móbil supera á dos que dispoñen de fixo. Así, en 2015 o móbil está presente no 97% dos fogares e o fixo no 83,4%. O servizo con menor nivel de penetración é a TV de pago, que en 2015 ten contratado o 30,7% dos fogares do ámbito estatal.
No que respecta ao acceso a Internet da poboación española, subiu case 45 puntos porcentuais desde 2003 acadando en 2015 unha penetración do 78,2%. Sobre o lugar elixido para acceder á Rede, durante os 13 anos avaliados, o domicilio mantense como “o sitio máis acaído” e na actualidade o 89,2% da poboación internauta navega desde casa.
Por dispositivo elixido para navegar, a partir de 2013 o teléfono móbil sitúase como líder (en 2015 utilízao o 87,1% dos internautas) e xunto á tableta (empregada polo 45,9% en 2015) son os dous dispositivos que experimentaron un ascenso máis destacable nos últimos anos.
Sobre os usos de Internet, o informe certifica que “practicamente mantéñense sen cambios entre 2003 e 2015”. Así, sinálase, “a maioría dos internautas acoden á rede para buscar información ou consultar novas e, en menor medida, para acceder aos servizos de banca electrónica, mercar bens e servizos e xogar en rede”. O uso da Administración Electrónica duplicouse e pasa dun 15,6% da poboación en 2003 a un 32,8% en 2015.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

atlanttic_guardian_the_mind.jpg
Actualidade

O labor tecnolóxico da UVigo pola investigación contra o alzhéimer, recoñecido por AFAGA

27/11/2026
Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?