Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Unha liña de axudas fomentará a formación tecnolóxica de cara á Industria 4.0
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Unha liña de axudas fomentará a formación tecnolóxica de cara á Industria 4.0

Redacción
Publicado: 28/07/2016
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

20160728_igape.jpgNun encontro técnico sobre as bases de axudas que se activarán en breve para formar a traballadores e mandos intermedios das PEME e avanzar, deste xeito, na implantación en Galicia da chamada fábrica intelixente, o director do IGAPE, Javier Aguilera, salientou a importancia da formación tecnolóxica específica como elemento clave para a mellora da competitividade empresarial a través das tecnoloxías 4.0.
Aguilera subliñou que a través das Bases de Formación en Industria 4.0 achegarase apoio específico a organismos intermedios como clusters ou centros tecnolóxicos que establezan programas formativos para traballadores en ámbitos como a robótica, o tratamento masivo de datos (Big Data), os vehículos autónomos, a Internet das Cousas, a ciberseguridade ou a Loxística 4.0. Ademais, o programa incluirá apoio a accións para mandos intermedios das empresas galegas, co obxectivo de que se formen en eidos como os novos procesos de organización industrial nacidos da implantación da Industria 4.0.
A iniciativa busca favorecer o impulso da fábrica intelixente e a empresa conectada en Galicia e, polo tanto, a consolidación do novo modelo económico, a chamada Industria 4.0. A Xunta investirá 700.000 euros, cofinanciados co Fondo Social Europeo, para o desenvolvemento deste programa de formación específica dirixido a organismos intermedios que organicen plans formativos nos que participen persoas vinculadas coas PEME.
O programa regula a concesión de axudas que cubrirán o 50% do custo das accións formativas. En cada iniciativa, deberá participar un mínimo de 5 traballadores de PEME con centro de traballo ou sede social en Galicia, ademais de contar cunha duración presencial mínima de 30 horas para cada participante. As accións formativas poderán levarse a cabo ata o 30 de xuño de 2017.
A concesión das axudas resolverase en réxime de concorrencia competitiva, tendo en conta o tipo de proxecto, número de traballadores participantes, experiencia previa dos formadores ou a inclusión da actividade formativa nun plan estratéxico.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

atlanttic_guardian_the_mind.jpg
Actualidade

O labor tecnolóxico da UVigo pola investigación contra o alzhéimer, recoñecido por AFAGA

27/11/2026
Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?