Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: As tecnoloxías e a innovación, alicerce dos 36 proxectos que participarán en Pont-Up Store
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

As tecnoloxías e a innovación, alicerce dos 36 proxectos que participarán en Pont-Up Store

Redacción
Publicado: 29/07/2016
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

uvigo_pont_up_store-2.jpgPontevedra acollerá os días 23 e 24 de setembro a terceira edición de Pont-Up Store, unha iniciativa organizada pola Universidade de Vigo e o Concello que se dirixe a impulsar e visualizar ante o mundo o puxante emprendemento da nosa terra. A organización escolleu 36 proxectos de España e Portugal para ter presenza na carpa que se instalará os ditos días na Praza de España. Preto dun 70% das candidaturas teñen base en Galicia e menos dun terzo na cidade de Pontevedra, habendo tamén presenza de candidatos de Braga, Madrid e Xixón. Segundo informan os impulsores da iniciativa, entre as propostas escolmadas hai “unha ampla presenza de empresas de alicerce tecnolóxico”.
Dos 36 proxectos, 33 contarán cun emprazamento propio de balde para amosar os seus produtos, ideas e servizos e 14 terán tamén a oportunidade de participar no programa de actividades de dinamización, desenvolvendo propostas como obradoiros sobre recursos para pequenos emprendedores ou sobre como facer unha tenda online nunha hora sen coñecementos previos.
Tamén haberá, entre outras moitas cousas, montaxes de automóbiles en equipo, demostracións de robótica, xogos de probas mediante a aplicación Dogoplay, presentación de discos ou programas de radio en directo. Igualmente, está prevista unha sesión de adestramento executivo para emprendedores de economía social e xeiras de traballo sobre gamificación, un maratón creativo e un taller de impresión 3D e gravado láser.
Nesta edición preséntase, tamén, unha nova modalidade de participación baixo a etiqueta de Puntazo Exprés, que nace a partir da experiencia do programa Pontevedra Ten un Puntazo da Concellaría de Promoción de Pontevedra. Esta modalidade abrirá o seu prazo de candidaturas entre o 1 e o 15 de setembro e ofrecerá a dez novos emprendementos a oportunidade de presentar a súa idea de negocio ante cinco importantes entidades e grandes empresas galegas de diferentes sectores.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

atlanttic_guardian_the_mind.jpg
Actualidade

O labor tecnolóxico da UVigo pola investigación contra o alzhéimer, recoñecido por AFAGA

27/11/2026
Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?